Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_casa_da_luz

Presentación en Pontevedra de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O martes 29 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na Casa da Luz, praza da Verdura, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. No acto, organizado en colaboración coa libraría Paz,  acompañarán á autora María Xesús López Escudeiro, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

Presentación en Pontevedra de “22 segundos” de Eva Mejuto

O mércores, 28 de xuño, 2017, ás 20:30 horas, na Casa da Luz de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro 22 segundos de Eva Mejuto no que participarán Marcos Ceive, Éric Dopazo, Manuel Bragado e a autora e contará co acompañamento musical do grupo Canela Cafuné.

Reportaxe de Iago Martínez sobre Xabier P. Docampo, que explica as orixes de «O misterio das badaladas»

Reportaxe de Iago Martínez sobre Xabier P. Docampo, que explica as orixes de «O misterio das badaladas»

O xornalista Iago Martínez publicou onte no Xornal de Galicia unha longa reportaxe sobre Xabier P. DoCampo, a estrea da película A casa da luz e a reedición de O misterio das baladalas. DoCampo conta as orixes da súa primeira novela.

Entrevista a Xabier P. Docampo pola estrea de «A casa da luz» e a reedición de «O misterio das badaladas»

O Diario de Arousa e o Diario de Ferrol publican unha entrevista con Xabier P. DoCampo asinada por X. Gómez, con motivo da estrea da película A casa da luz e da reedición de O misterio das baladalas. Reproducímola integramente: «A lectura serve para aprender a poñerlle nome aos sentimentos» O teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta tarde ás 17.

A película «A casa da luz» baseada no libro do mesmo título de Xabier P. DoCampo bota andar por toda Galicia con pases privados

A película A casa da luz, baseada no libro do mesmo título de Xabier P. DoCampo, bota andar por toda Galicia con pases privados, segundo informou onte o xornal El Progreso nunha noticia asinada por Jaureguizar. O filme, que dirixiu o realizador Carlos Amil baseándose na novela homónima de DoCampo, é a primeira cinta galega con actores rodada para público infantil.

“A casa da luz”, comeza a rodaxe

“A casa da luz”, comeza a rodaxe

O blogueiro Martin Pawley anuncia o inicio da rodaxe d’ A casa da luz, a película de Carlos Amil que adapta a novela homónima de Xabier P. Docampo. A experiencia da rodaxe será relatada por Docampo no seu blog.