Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_ciencia_do_día_a_día

Un libro de preguntas e respostas para nenos e nenas ben curiosos de 0 a 99 anos: «A ciencia do día a día», de Xerais. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A ciencia do día a día. O libro está publicado por Xerais na colección: Básicos da Ciencia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 03:50.

Un imprescindible en galego que sorprende polo seu enxeño: «A ciencia do día a día», de Xerais. Crítica en Brabádegos

O portal de literatura infantil e xuvenil Brabádegos publicou un artigo sobre o libro: A ciencia do día a día, publicado por Xerais na colección: Obras de referencia – Básicos da ciencia. Se a curiosidade é algo que campa de modo xeral pola casa este, sen dúbida, é o manual que precisas Hoxe imos falar de normalización do idioma, de ciencia en galego, de dereitos e de acertos editoriais, ademais de recomendar un libro.

Unha proposta divertida e moi atractiva para quen fai preguntas sen cesar. «A ciencia do día a día», de Xerais. Anotación de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Xerais, con ilustracións de Bruno Martínez Tabarés.

Un libro de Xerais para mentes curiosas: «A ciencia do día a día». Anotación no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, ilustrado por Bruno Martínez Tabarés. O libro está editado por Xerais na colección Básicos da Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A ciencia do día a día». Un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira

A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, con ilustracións de Bruno Martínez Tabares, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia-Infantil de Xerais. Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira.