Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_clase

«A clase», proxección en Vigo

Mañá martes, 24 de novembro, ás 18:00 e ás 20:30 horas proxectarase no centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia de Vigo (rúa Policarpo Sanz 23) a película A clase de Laurent Cantet. As proxeccións forman parte do ciclo «Rodando nas aulas».

«A clase» e «O valor do envoltorio»

«A clase» e «O valor do envoltorio»

Hai varios días recollemos a anotación de Cesare sobre Mal de escola. Hai uns días publicou outras dúas anotacións de grande interese, a primeira sobre A clase e a segunda sobre O valor do envoltorio.

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica d’ A clase, a novela de François Bégadeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto. A publicación da crítica coincide coa chegada ás librarías da segunda edición da novela.

«A clase», crítica en «Nós»

«A clase», crítica en «Nós»

Martín Pawley publicou onte en «Nós», o suplemento de Xornal de Galicia unha crítica sobre A clase, a novela de François Bégaudeau, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto.

“A Clase” e “Mal de escola” son noticia en “La Voz de Galicia”

“A Clase” e “Mal de escola” son noticia en “La Voz de Galicia”

La Voz de Galicia publica hoxe, nas páxinas de cultura, “A literatura sobre os conflitos nas aulas é un éxito de vendas en Galicia”.  Os libros A clase e Mal de escola esgotan a súa primeira edición só un mes despois de saír publicados.

«A clase», candidata aos Óscar

«A clase», candidata aos Óscar

A película de Laurente Cantet Entre les murs (A clase), baseada na novela homónima de François Bégaudeau, foi declarada onte como unha das cinco candidatas ao Óscar á mellor película en fala non inglesa. A película, que xa obtivera a Palma de Ouro de Cannes 2008, foi estreada  o pasado venres e pode verse en dúas salas galegas.

«A clase», chega ás librarías

«A clase», chega ás librarías

O venres 16 comeza a chegar as librarías galegas A clase,  coincidindo coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Tamén se coñeceu hoxe que A clase (Entre les murs) será unha das nove candidatas preseleccionadas que optarán ao quinteto do que sairá o Oscar a mellor película de fala non inglesa.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico.

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.