Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_corpo_aberto

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Mañá luns, 4 de maio, ás 19:00 horas, Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro Chichiriteiro,  A corpo aberto e do resto da súa obra.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio. Venres, 1 de maio 13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure. 19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008) Sábado, 2 de maio 18.

«A corpo aberto», crítica en «Protexta»

«A corpo aberto», crítica en «Protexta»

Xiana Arias publicou no Protexta 09 unha crítica sobre o máis recente libro de xornalismo literario de Manuel Rivas publicado en Xerais Crónica, A corpo aberto.

«A corpo aberto», critica en «Faro da Cultura»

«A corpo aberto», critica en «Faro da Cultura»

Pilar Ponte publicou no «Faro da Cultura« de 19 de febreiro unha crítica sobre A corpo aberto, o máis recente libro de xornalismo literario de Manuel Rivas. Reproducimos o texto: A última obra de Manuel Rivas, A corpo aberto, é unha recompilación de artigos publicados no xornal El País e na revista Integral onde o autor expresa o seu xeito de ver o mundo dende un posicionamento «Indie», libre, crítico e militante.

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural, emitido dende Cultur.gal o pasado venres, fixéronlle a Manuel Rivas e Teresa Moure arredor dos seus novos libros A corpo aberto e O natural é político.

Manuel Rivas fala d’ «A corpo aberto»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=AwWEFw6HAnE] Manuel Rivas presenta A corpo aberto na xeira de entrevistas Falemos dos libros emitidas en directo por Internet dende o Cultur.gal pola AELG.

Xerais no Culturgal, actos dos días 4 e 5 de decembro

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45. Durante o xoves, 4, e o venres 5 de decembro, organizamos as seguintes actividades: Xoves, 4 ás 17,00 horas no estand de Xerais: Roda de prensa de Un país a medio facer de Fran Alonso. Venres, 5 ás 12,30 horas na sala de prensa do Cultur.gal: Roda de prensa de A corpo aberto de Manuel Rivas.

Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»

Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»

Coincidindo coa aparición nas librarías d’ A corpo aberto, Manuel Rivas é entrevistado por Vieiros. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante: Por que é unha ollada ‘indie’? Ben, é unha chiscadela. É un termo que se emprega máis na música ou no cinema, e non tanto na literatura, pero creo que define un espírito crítico e independente que lle viría ben ao xornalismo.

«A corpo aberto» de Manuel Rivas, hoxe á venda

«A corpo aberto» de Manuel Rivas, hoxe á venda

Hoxe chega ás librarías galegas A corpo aberto, o libro de xornalismo de Manuel Rivas. O libro será presentado o vindeiro 6 de decembro, sábado, ás 20:00 horas en Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebra nas instalacións de Palexco na Coruña. Onte foi presentada en Madrid a edición en castelán nun acto no que Manuel Rivas foi acompañado por Baltasar Garzón e José Luis Cuerda.

Xerais no Cultur.gal 2008

Xerais no Cultur.gal 2008

Nos vindeiros días, 4–5–6 e 7 de decembro, vai ter lugar en Palexco (Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña o Cultur.gal 2008 Feira Galega das Industrias Culturais.

«A corpo aberto», novo libro de Manuel Rivas

«A corpo aberto», novo libro de Manuel Rivas

O vindeiro 26 de novembro poñerase á venda A corpo aberto, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas. A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo «Indie». Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente.