Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_coruña

Xurxo Souto: «As nosas historias son fascinantes, cómpre escoitar o veciño para atopar a marabilla»

O xornal La Opinión publica unha entrevista de Gemma Malvido ao escritor e  músico Xurxo Souto, que hoxe venres día 2 de xuño presenta 4ª edición de Contos da Coruña. Será ás 20 horas na Casa da Chencha (rúa San Xosé nº 2, A Coruña). O acto contará, ademais, coa poética e erudición de Xulio Montero. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela épica que retrata a perda da inocencia de Bris, o protagonista adolescente, e a sociedade castrexa: «Norteáns», de Mar Guerra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Norteáns, da escritora Mar Guerra.     Presentación de «Norteáns» de Mar Guerra Excelente presentación na FNAC da Coruña de Norteáns, a gran novela castrexa de Mar Guerra.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” e “Contos nerviosos” de Fran Alonso nun espectáculo infantil na Coruña

O sábado, 1 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso e presentará o editor Miguel Toval.

Novidade: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Unha visión sintética, persoal e amena do escritor das Letras Galegas 2016

Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada é unha novidade de Xerais para as Letras Galegas 2016. O libro está ilustrado por Víctor Tizón. Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.

Os Calendarios fotográficos Xerais 2016. Anotación de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre os dous calendarios fotográficos que publicou Xerais para o 2016: o Calendario 2016. A Coruña anónima e o Calendario Xerais 2016. Emigración de Alberto Martí.

Xerais recupera A Coruña de 1880 no seu calendario do 2016 «A Coruña anónima»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais. A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Falece o escritor Xosé Fernández Ferreiro

O escritor Xosé Fernández Ferreiro faleceu na noite de onte na cidade da Coruña. Nacido en 1931, o autor de Nogueira de Ramuín dedicou a vida enteira á literatura e ao xornalismo.

Retratar A Coruña nas orixes da fotografía: «Calendario 2016. A Coruña anónima»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de O Calendario 2016. A Coruña anónima.   «A Coruña Anónima» Máis dun cento de persoas xuntáronse onte no CGAI para participar na presentación d’ A Coruña Anónima, o calendario para o ano 2016 preparado polo fotógrafo José Caruncho e o xornalista Antonio López Mariño.

Manuel Rivas: «A literatura está na xente: sei de campesiñas que falan como personaxes de Homero»

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha entrevista de Enrique Carballo a Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.

Érica Esmorís e Andrea Maceiras: literatura infantil e xuvenil sen prexuízos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Coruña de Nena e o mar de Érica Esmorís, Premio Merlín 2015, e Europa Express de Andrea Maceiras, premio Jules Verne 2015.

Así era A Coruña en 1879: o calendario de 2016 «A Coruña anónima», de Xerais, en La Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha reportaxe sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais. A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

A primeira reportaxe fotográfica sobre A Coruña? A primeira pedra do pazo de María Pita nun calendario de Xerais

Baixo o título «A primeira reportaxe fotográfica sobre A Coruña?» publica hoxe Rodri García en La Voz de Galicia unha información sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais.