Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_dúbida

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

Presentación en Lugo de “A dúbida” de María Reimóndez

O luns, 6 de marzo, ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, de Lugo, terá lugar a presentación do libro A dúbida de María Reimóndez. Acompañarán á autora Noelia Darriba e Naiara González, educadoras sociais de AtalaiA.

Programa radiofónico escolar no Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel sobre diversos libros de María Reimóndez

O blog do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco publicou unha información e un  programa radiofónico, realizado desde Radio Cuac por catro alumnas de 3º da ESO, baixo a responsabilidade da profesora Mercedes Queixas, sobre diversos  libros de María Reimóndez:  Usha, Volvo! O regreso de Usha e  A dúbida (a partir do minuto 20:18). O programa radiofónico pode escoitarse nesta ligazón.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Presentación en Ferrol de “A dúbida” de María Reimóndez

O venres, 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena, 202-204, Ferrol, terá lugar a presentación do libro A dúbida de María Reimóndez, XIV Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. No acto, organizado en colaboración coa Asociación AGAMME, intervirán Estrela Gómez Viñas, coordinadora de AGAMME e María Reimóndez.

Vontade de xerar reflexión: «A dúbida», de María Reimóndez

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

María Reimóndez: «A miña novela busca facer que as persoas que len dubiden da situación que nos rodea»

O xornal de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Carmen García de Burgos a María Reimóndez, sobre a súa novela  A dúbida, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

Presentación en Pontevedra de “A dúbida” de María Reimóndez

O xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A dúbida de María Reimóndez. No acto participarán Leticia Gómez, psiquiatra, Isabel Pece, psicóloga, Manuel Bragado, director de Xerais e María Reimóndez, autora.

Presentación de “A dúbida” de María Reimóndez en Compostela

O xoves, 29 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela A dúbida de María Reimóndez. XIV Premio de Novela por Entregas de “La Voz de Galicia”.

Unha novela áxil, e difícil de esquecer, sobre o abuso sexual: «A dúbida», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.   A dúbida, de María Reimóndez A dúbida foi galardoada na décimo cuarta edición do premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no ano 2015 e hai xa uns meses que circula, en forma de libro e, ao que sei, con certo éxito de público.

Novela forte e envolvente: «A dúbida», de María Reimóndez. Recensión de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.   Letters in Books: A dúbida Collín A dúbida (2016) de María Reimóndez e lina no baleiro de non saber nada previo sobre o libro. Trata dun tema serio e punzante: o abuso de menores.

A escrita subversiva de «A dúbida», de María Reimóndez

A escrita subversiva de «A dúbida», de María Reimóndez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación (II) sobre a Feira do Libro da Coruña.