Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_elegancia_do_século

Presentación en Santiago de “A elegancia do século” de Pura Tejelo

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro A elegancia do século de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016.

Presentación en Oleiros de “A elegancia do século” de Pura Tejelo

O xoves, 19 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, en Oleiros, terá lugar a presentación de A elegancia do século de Pura Tejelo. No acto participarán Rosa García Vilariño e Pura Tejelo. Ao remate Sabela Caamaño tocará unhas pezas con acordeón.

Delicadeza e habilidade para crear atmosferas nun poemario urbano contemporáneo: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A palabra humanista nunha poesía de ollada serena: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. Este libro non merece esquecerse nun caixón A elegancia do século, da escritora coruñesa Pura Tejelo, acadou o Premio Johan Carballeira de poesía.

Un canto humanista de esperanza, un poemario sobre a cidade e os libros: «A elegancia do século», de Pura Tejelo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016.   «A elegancia do século»,  de Pura Tejelo Moita xente, moita, acompañou onte a Pura Tejelo na presentación en Portas Ártabras do seu primeiro libro de poemas, A elegancia do século, premio Johán Carballeira 2016 do concello de Bueu.

Presentación de “A elegancia do século” de Pura Tejelo na Coruña

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A elegancia do século de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. No acto intervirán Xulio Valcárcel, Rosa G. Vilariño, Manuel Bragado e o autora que realizará un recital poético-musical acompañada da acordeonista Sabela Caamaño.

Poeta gloriosa, elegante, de poesía exelsa e humanística: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Crítica de Vicente Araguas

  Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pura Tejelo: «A cidade sérveme como metáfora para contar a humanidade; os seus habitantes son un mosaico de vivencias»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias coa poeta Pura Tejelo, sobre o seu poemario A elegancia do século, Premio Johán Carballeira, 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un poemario sereno e comprometido: «A elegancia do século», de Pura Tejelo

O xornal El Ideal gallego publicou unha información sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo,  Premio Johán Carballeira 2016. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Premio Johán Carballeira de Poesía 2016

A elegancia do século, de Pura Tejelo, é unha novidade da colección de Poesía de Xerais. Premio Johán Carballeira, 2016 Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema.

Pura Tejelo, XIX Premio Johán Carballeira de poesía

A escritora coruñesa Pura Tejelo resultou gañadora da XIX edición do Premio Johán Carballeira de poesía, convocado polo Concello de Bueu e que publica Xerais. O xurado reunido na mañá do pasado sábado, estivo composto por Ismael Ramos, gañador da pasada edición, Ledicia Costas e Asun Estévez, que decidiron a concesión do premio por unanimidade ao poemario titulado A elegancia do século.