Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_formiga_destemida

Programa de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2020

Do 25 de xuño ao 4 de xullo terá lugar, na rúa do Príncipe, a Feira do Libro de Vigo 2020, na que actuará como progoeira a escritora María Xosé Queizán e para a que  Xerais ten preparado o programa seguinte: Xoves, 25 de xuño 18:00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 19:00 horas: María Xosé Queizán asinará Vivir a galope e o resto da súa obra.

Unha historia no sentido máis tradicional das fábulas: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 21.00″.

A historia dunha pequena protagonista que comprende que só o coñecemento dá sabedoría: « A formiga destemida», de María Reimóndez e Iván Sende. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección Merlín.

Novidade: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Unha fábula sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.