Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_furgoneta_branca

Presentación en Pontevedra de “A furgoneta branca” de Fina Casalderrey

O mércores 20 de marzo de 2019 ás 19:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A furgoneta branca de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. No acto participarán Fran Alonso, Fátima Ruibal, Lucía Cobo, Fina Casalderrey,  coa colaboración especial do gaiteiro Oscar Ibáñez e a poeta Tamara Andrés.

Un emotivo álbum que fala do coidado, o amor e o respecto aos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A furgoneta branca, de Fina Casalderrey Emotivo álbum este que nos trae Xerais da man de Fina Casalderrey con ilustracións de Lucía Cobo: A furgoneta branca fala de coidado, amor, respecto, e comuñón cos animais.

Unha fermosa historia tecida para os lectores mozos sobre o amor polos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ninguén que se achegue a este libro sairá defraudado: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.

Un álbum para todos os públicos sobre o amor aos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.20″.

Novidade: « A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Cada mañá, Pedro agarda a chegada da furgoneta branca con alimento para o cabalo da veiga de en fronte

A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo, é unha novidade da colección Álbums de Xerais. Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca. Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén espera impaciente na veiga de en fronte. Sempre é así.