Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_ira_dos_mansos

Xerais oferta nove ebooks a prezo especial

Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Vigo explota un bum da novela negra. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por E. V. Pita  sobre a novela negra na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Os fillos do mar, Os fillos do lume e A memoria da choiva, de Pedro Feijóo; A ira dos mansos, de Manuel Esteban;  Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña e Infamia, de Ledicia Costas.

Manuel Esteban: «Quería presentar o personaxe de Carlos Manso como un policía rudo e bronco, pero non fun capaz» Entrevista en Nueva Revolución sobre «A ira dos mansos» e «O meu nome é ninguén»

A web Nueva Revolución publicou unha entrevista de Iria Bouzas ao escritor Manuel Esteban sobre os libros: A ira dos mansos (Xerais, 2016) e O meu nome é ninguén (Xerais, 2019).

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Manuel Esteban: «A paixón pola lectura é a base mínima sobre a que se sustenta calquera exercicio literario»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevistade David González Domínguez ao escritor Manuel Esteban, sobre a novela A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.

Conversa arredor da novela “A ira dos mansos” de Manuel Esteban

O venres, 24 de marzo, 2017,  ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar unha conversa arreodor do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. Conversará co autor un membro da Asociación Down de Santiago.

Unha novela que transpira boa literatura: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela que engancha desde a primeira páxina: «A ira dos mansos», de Manuel Esteban. Crítica de Pedro Feijoo

O escritor Pedro Feijoo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.

A novela «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, elixido mellor libro de narrativa de 2016 en Redelibros

A novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais 2016, acaba de ser elixida mellor libro de narrativa de 2016 en Redelibros a través dos votos dos e das participantes.   A novela comeza cando aparece o cadáver dunha nena con síndrome de down nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional.