Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_memoria_da_choiva

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Vigo explota un bum da novela negra. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por E. V. Pita  sobre a novela negra na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Os fillos do mar, Os fillos do lume e A memoria da choiva, de Pedro Feijóo; A ira dos mansos, de Manuel Esteban;  Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña e Infamia, de Ledicia Costas.

«Pedro Feijoo pecha a tempada dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo.» Información de «El Progreso»

                  O xornal El Progreso informa sobre o encontro que o escritor Pedro Feijoo manterá este mércores, día 30, cos membros dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo, co que se pecha a temporada. O escritor vigués falará cos asistentes das obras Os fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románicae Os fillos do lume.

Historia intensamente fermosa: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Recensión de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela  A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Letters in Books: A memoria da choiva Aínda que loce o sol brincadeiro de agosto, escribo sacudindo dos ombreiros as pingas envolventes e a humidade da textura nubrada de A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo.

Pedro Feijoo: «Se hai algo que lle sobra á literatura galega é o pesimismo»

Os xornais Faro de Vigo e La Opinión da Coruña publicaron unha entrevista de Carmen Villar a Pedro Feijoo, que recibiu o o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela A memoria da choiva.

Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o escritor Pedro Feijoo, que recibiu onte por segunda vez o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, nesta ocasión pola súa novela A memoria da choiva. Os outros dous gañadores foron Colm Tóibín por O testamento de María e Javier Cercas por El Impostor.

Unha excelente novela negra: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Juan Romero

O profesor Juan Romero publicou no seu blog unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.     «A memoria da choiva», Pedro Feijoo En octubre de 2012 dejé unos comentarios sobre una novela a la que había llegado gracias al Club de Lectura para adultos del IES Valadares, algo que me permitió, además de disfrutar de una buena historia de aventuras, de conocer al autor.

Pedro Feijoo: «A liorta entre Vigo e A Coruña é un despropósito no que perdemos todos»

Mañá sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo. O xornalista Guillermo Pardo entrevistouno para Coruña Daily News.

Paseo Literario: A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra da man de Pedro Feijoo

O vindeiro sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo.   31 de outubro A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra, Pedro Feijoo Teñen todas as cidades unha outra vida que, por veces, non se ve. Ou si, se se observa cos ollos adecuados… Unha vida feita da textura das letras, de sangue de tinta, e alma vestida nas historias.

Pedro Feijoo: «En realidade… eu non tiña esa intención»

A youtuber CazadoraDeHistorias entrevistou a Pedro Feijoo, que fala dos seus libros e proxectos.

Pedro Feijoo: «Nunca me sentín só no proceso creativo»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevista en Localia TV Vigo por Jacobo Buceta pola obtención do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente coa súa novela A memoria da choiva.

Pedro Feijoo: «Se me podo considerar asentado nalgún espazo é na confianza dos lectores»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pedro Feijoo en torno ao Premio Sanclemente concedido á nova novela A memoria da choiva. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.