Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_mesa_pola_normalización_lingüística

Presentación en Monforte de “Long Play” de Lois Pérez

O xoves 28 de decembro de 2017, ás 20,00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, Monforte, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística  e no que colabora o Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán Xosé Manuel Fernández, responsable da MESA Lemos; Fran Bouso, coord.

Presentación en Ribadavia de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

O sábado, 21 de febreiro, ás 17:30 horas, no restaurante Casal de Armán, na parroquia de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia, tera lugar a presentación da novela Cuarto minguante de Bautista Álvarez.     No acto, organizado pola Mesa O Carballiño-Ribeiro, a Agrupación Cultural Auriense, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, intervirán Pilar García Negro, Manuel Bragado e Bautista Álvarez.

Presentación en Carballo de “Contra a morte das linguas” de Miguel Moreira Barbeito

O sábado, 15 de novembro, ás 19:00 horas, na librería Brañas, Doutor Fleming, 43-45 de Carballo, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito.

Presentación en Malpica de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O mércores, 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Cívico de Malpica, terá lugar a presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. O acto está organizado pola Asociación Cultural Caldeirón e A Mesa.

Presentación nas Pontes de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O luns, 22 de abril, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal das Pontes, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. O acto está organizado pola Mesa das Pontes, coordinada por Mónica da Silva.