Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_morte_de_galicia

Unha correcta exposición do significado do avellentamento no noso país: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert. Anotación no xornal «La Opinión»

O xornal La Opinión publicou una anotación de Alfredo Iglesias Diéguez sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección: Edición Literaria – Crónica – Historia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Galicia e os mitos natalistas: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección: Edición Literaria – Crónica – Historia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un ensaio sobre o avellentamento e a emigración: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert (ed.). Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), co gallo da súa presentación na biblioteca da EMAO. O libro está publicado por Xerais na colección Historia.

Isidro Dubert: «A vaga migratoria actual está formada por xente moza, cunha gran cualificación e cun enorme potencial demográfico que se está a perder»: Clube de lectura en Radiofusión sobre: «A morte de Galicia»

A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Divina Arnoso e Miguel Rodríguez, xunto con dous dos autores do libro: Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Conversa ao redor de “A morte de Galicia” de Isidro Subert (ed.)

O martes 21 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca EMAO, rúa García Barbón 5, Vigo, terá lugar o primeiro acto do ciclo “Repensar Galicia” que leva por título A morte de Galicia. No acto, organizado polo Ateneo Atlántico e Xerais, participarán Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés, autores do libro A morte de Galicia e presenta Manuel Bragado.

Isidro Dubert: «A emigración tén unha gran responsabilidade no avellentamento demográfico de Galicia». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «A morte de Galicia»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co catedrático de Historia Moderna Isidro Dubert sobre o libro: A morte de Galicia, publicado por Xerais na colección: Crónica. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Isidro Dubert: «A chamada `sangría demográfica´ non é máis que unha andrómena para ocultar a actual vaga migratoria que padece Galicia». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «A morte de Galicia»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao catedrático de Historia Moderna Isidro Dubert sobre o libro: A morte de Galicia, publicado por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Isidro Dubert: «Queremos recentrar o tema demográfico no elemento que realmente xera as distorsións que estamos vendo: a emigración». Entrevista no «Praza Pública» sobre: «A morte de Galicia»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Marcos Pérez Pena á Isidro Dubert sobre o libro: A morte de Galicia, publicado por Xerais na colección Crónica – Historia. (Imaxe: Praza Pública).

Presentación na Coruña de “A morte de Galicia” ed. Isidro Dubert

O xoves 14 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías 3, A Coruña, terá lugar a prensentación de A morte de Galicia ed. Isidro Dubert. No acto participarán Antía Pérez Caramés, Isidro Dubert e Francisco X. González García.

Un traballo inzado de ideas con enxundia: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert (ed.). Anotación na revista Luzes

A revista Luzes publicou unha anotación de David Rodríguez sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección Historia.   ‘A morte de Galicia’ (Isidro Dubert (ed.)   Michel Foucault denominaba «biopolítica» ao modo de goberno e xestión dos procesos biolóxicos da poboación.

Presentación en Santiago de “A morte de Galicia” de Isidro Dubert (ed.)

O mércores 6 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, en Santiago, terá lugar a presentación do libro A morte de Galicia de Isidro Dubert (ed.). No acto participarán Ramón Villares, Francisco Xavier González García, Fran Alonso e Isidro Dubert.

Novidade: «A morte de Galicia», de VV AA (Isidro Dubert coord.). Un exercicio de historia crítica que contrasta o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia

A morte de Galicia de VV AA (Isidro Dubert coord.), é unha novidade da colección Crónica de Xerais. A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia.