Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_nena_do_abrigo_de_astracán

Unha reflexión cruenta sobre os difíciles anos da posguerra protagonizada por vítimas dunha opresión silenciada: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Gala do Libro Galego (Narrativa), 2018 – Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018.   A nena do abrigo de astracán, de Xabier P.

Grazas, mestre, por este novo universo que xa pasou a formar parte do noso imaxinario: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Pilar Sampedro en Galicia Digital

O portal Galicia Digital  publicou unha anotación de Pilar Sampedro sobre o libro: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo Agora que xuño chama á porta, lembramos que hai un ano nos deixou Docampo, “o mestre das viaxes imaxinarias” como o definiu Héctor Cajaraville.

Os Premios da Crítica recoñecen ao escritor galego, recentemente falecido, Xabier P. DoCampo, polo libro: «A nena do abrigo de astracán». Anotación nos medios

A Fundación dos Premios da Crítica de Galicia celebrou o día 3 de novembro de 2018 a súa reunión anual en Vigo para recoñecer aos principais protagonistas da vida cultural, política e social do país. Nesta ocasión, o premio na modalidade de Creación Literaria foi para o escritor galego, recentemente falecido, Xabier P.

Faleceu Xabier P. DoCampo

O escritor Xabier P. DoCampo faleceu esta noite na Coruña. O cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias pola perda dunha das figuras máis importantes da cultura galega dos nosos días. Botaremos en falta a súa amizade, a súa conversa, as súas apertas e a súa xenerosidade; quédanos a grandeza da súa obra, que nos acompañará sempre. Xabier P. DoCampo naceu en Rábade en 1946.

«O libro galego entrega os seus premios nunha gala reivindicativa.» Información de «La Voz de Galicia» sobre a III Gala do Libro Galego

O xornal La Voz de Galicia publica unha información de Tamara Montero sobre a entrega de premios da III Gala do Libro Galego, na que obras de Xerais obtiveron catro dos galardóns entregados: Premio obra infantil.

Xabier P. Docampo, por «A nena do abrigo de astracán», e Xurxo Mariño, por «Terra», premiados na III Gala do Libro Galego

O xornal El Progreso recolle unha información sobre a concesión de senllos premios aos lucenses Xabier P. Docampo e Xurxo Mariño na III Gala do Libro Galego, celebrada o pasado 19 de maio. Xabier P. Docampo recibiu o premio de Narrativa pola súa obra A nena do abrigo de astracán, mentres que Xurxo Mariño resultou gañador na categoría de Divulgación por Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.

Obras de Xabier P. DoCampo, Xurxo Mariño e Ledicia Costas, e a colección Básicos Ciencia de Xerais, premiadas na III Gala do Libro Galego

As obras A señorita Bubble de Ledicia Costas, Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño e A nena do abrigo de astracán de Xabier P.

Xosé Cobas: «’A nena do abrigo de astracán’ é unha novela moi madurada, moi traballada ao longo de moitos anos, pna procura daqueles os matices que a fan redonda»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha ampla reportaxe con entrevistas a varias voces sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. As persoas que falan sobre a novela son Martin Pawley, Xosé Cobas, Berta Dávila, Pepe Coira e Manuel Bragado. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A novela «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. O programa pode verse nesta ligazón.

Novela para practicar o gusto demorado pola lectura «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.   A nena do abrigo de astracán Un deses libros nos que se gorenta o gusto demorado pola lectura é A nena do abrigo de astracán, recente produción narrativa de Xabier Docampo, de fondo alento.

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

Unha novela cociñada a lume lento: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. Xabier P. Docampo, «A nena do abrigo de astracán» Poucas veces asistimos á lectura dun relato no que o narrador e principal protagonista sexa unha vila.