Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_nena_o_monstro_e_o_mar

David Rodríguez inaugura os encontros cos escolares do Faro da Escola co libro: «Superavoa». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Selina Otero sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugurou o escritor David Rodríguez para presentar o seu libro: Superavoa. Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

«Superavoa», de David Rodríguez, inaugura os encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugura o libro: Superavoa, de David Rodríguez. Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

Oito escritores participarán nunha nova edición do Faro da Escola para conversar co alumnado de 60 centros educativos. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre os autores e autoras que participarán nunha nova edición do programa Faro da Escola para conversar co alumnado de case 60 centros educativos.  Os escritores desta nova edición son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

«A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa e Martín Romero, recomendación de lectura de Radioleiros

Os responsables de Radioleiros, dentro das súas recomendacións literarias, animaron á lectura do libro: A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha novela que se propón como conquista para lectores e lectoras expertos de oito anos en diante: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

Presentación no Grove de ” A nena, o monstro e o mar” de Teresa González Costa

O venres 12 de xullo de 2019, ás 20:30 horas, na Sala das Cunhas, Praza do Corvo, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro A nena, o monstro e o mar  de Teresa González Costa. No acto, organizado coa colaboración do concello do Grove,  participarán Teresa González Costa e Fran Alonso.

Novidade: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. A historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila

A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí.