Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_neve_interminable

O alumnado do CPI Viaño Pequeno opina sobre as lecturas no blog da biblioteca

O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

«O veleno da risa», de Jaureguizar, e «A neve interminable», de Agustín Fernández Paz, Premios Frei Martín Sarmiento

Os libros O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar, e A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, foron galardoados co Premio Frei Martín Sarmiento en cadansúa categoría o pasado venres no transcurso dun acto na Cidade da Cultura durate o que se fixo público o fallo. A información completa pode consultarse na web da Xunta de Galicia. 4ª categoría: 1º e 2º de ESO Jaureguizar; O veleno da risa.

Intelixente amalgama de historias: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.   «A neve interminable»: intelixente amalgama de historias Dá xenio ler a Agustín Fernández Paz en calquera dos formatos ou subxéneros que frecuenta.

Para amantes do xénero do terror: «A neve interminable» de Agustín Fernández

O blog Torre de los Cuevos publicou unha anotación sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Un novo traballo do mestre do terror en galego! A neve interminable é un libro para amantes do xénero de terror. Unha novela de medo composta por outras historias de medo.

Cativados pola intriga: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo publicou en El correo Gallego unha recensión sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.

Atrapa desde as primeiras liñas: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Cinco novelas de Xerais finalistas dos Premios Frei Martín Sarmiento

Rubicundo de María Canosa; Misión Nova York, da serie Formig4s de Pere Tobaruela; O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar; A neve interminable, de Agustín Fernández Paz e  De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, son os libros de Xerais elixidos finalistas nas diferentes categorías da XII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, «oso mamá, si?», de maría Lado e «A neve interminable», de Agustín Fernández Paz, libros máis vendidos en xuño

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xuño a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; oso, mamá, si?, de María Lado., é o libro máis vendido en Poesía; e A neve interminable, de Agustín Fernández Paz., en Xuvenil.

Biosbardia recomenda unha lista de lecturas para o verán 2015

O blog Biosbardia, o blog literario de César Lorenzo Gil, recomenda unha lista de lecturas para este verán. Extraemos as correspondentes aos libros publicados por Xerais.     Coa calor entra a modorra, as ganas de non facer nada, esa luz a medias atractiva a medias perigosa porque nos sufoca. Amais dunha sombra, poucas cousas hai máis saborosas no verán que aproveitar ese estado de perpetuo sono para a lectura á sombra.

Medo, misterio e terror: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Anotacións en Brétemas e Caderno da crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Do mesmo xeito, o crítico Ramón Nicolás tamén deu noticia do acto no seu blog Caderno da Crítica.

«Voume diluíndo entre as palabras ata volverme folerpa»: texto de Ledicia Costas sobre «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz

Reproducimos o texto de Ledicia Costas que leu onte na presentación de A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.     A NEVE INTERMINABLE. NOTAS NUN TREN   1.- A neve e os corazóns conxelados É a primeira vez que vou nun tren destes rápidos, que fan o traxecto Vigo-A Coruña nunha hora e vinte minutos. Estou cansa de máis e só son as oito da mañá.