Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_peneira

Xurxo Lobato, entrevistado por «A Peneira»

Con motivo da presentaicón de libro No país das vacas en Ponteareas, Xurxo Lobato foi entrevistado polo xornal A Peneira. Recollemos algunhas das respostas de Lobato: «[A vaca] É unha das identidades do país. A vaca é unha das iconas que serven para identificarnos. Ademais é un dos totem que temos. De feito o libro pretende dignificar o noso totem. Dar a coñecer tamén o que son hoxe, que fan e como viven as vacas.

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.