Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_póla_branca

Unha proposta literaria para saírmos do confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais. Anotación no blog «Ferradura en tránsito»

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.

Xavier Seoane e os seus haikus: «A póla branca», de Xavier Seoane. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: A póla branca, de Xavier Seoane, publicado por Xerais na colección: Poesía.   A póla branca, de Xavier Seoane (Xerais)   Que a brevidade é característica nas expresións literarias do século XXI non parece ter dúbida.

Novidade: «A póla branca», de Xavier Seoane. Versos enormemente actuais, moi ocurrentes, persoais, capaces de abraiar

A póla branca, de Xavier Seoane, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar.