Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_raíña_das_velutinas

Lionel Rexes: «Se un neno medra vendo patróns machistas, é moi probable que os repita.»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Laura Fernández ao escritor Lionel Rexes, autor da novela A raíña das velutinas, premio Manuel Lueiro Rey 2017.   Lionel Rexes: «Si un neno medra vendo patróns machistas, é moi probable que os repita» “A raíña das velutinas” é a primeira novela de ficción do veciño da Mariña Lucense, Lionel Rexes.

Unha novela que avanza axilmente e vai tecendo un misterio de forma efectiva en torno a nós: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes.   «A raíña das velutinas», achegamento crítico á memoria histórica A raíña das velutinas (Xerais, 2017), de Lionel Rexes, premio Lueiro Rey de narrativa breve, desvíase gratamente nalgúns sentidos do que adoitamos atopar en novelas premiadas e primeiras novelas da nosa literatura.

Novela que visualiza o que custou acadar este sistema de liberdades: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   Novela breve e metafórica Hai dous tipos de novelas: as que contan un sucedido e as que expanden ese sucedido para que os lectores o interpretemos. A de Lionel Rexes pertence a este segundo tipo.

Encontro en Foz arredor do libro “A raíña das velutinas” de Lionel Rexes

O xoves 11 de xaneiro de 2018 a partir das 20:30 horas, a librería Bahía de Foz en colaboración co club de lectura da Asociación Cultural A Pomba do Arco, organizan un encontro para falar do libro A raíña das velutinas de Lionel Rexes XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. O club de lectura escolleu esta novela como lectura común para o pasado mes de decembro e agora manterán un encontro co autor.

Lionel Rexes: «Na miña novela, os personaxes de dúas xeracións conviven, discuten e manteñen relacións afectivas»

 O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Lionel Rexes, sobre a súa novela A raíña das velutinas.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela para regalar(se) nestas datas: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Armando Requeixo

 O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela recomendable sobre as liberdades e os camiños para conquistala: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Pilar Ponte

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, e o xornal La Opinión publicaron unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “A raiña das velutinas” de Lionel Rexes

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, no local da Asociación Cultural Cultura do País, Carril das Hortas, 1 baixo, en Lugo, terá lugar a presentación da novela  A raíña das velutinas de Lionel Rexes, Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta 2016.

Nada é o que parece: «A raíña das velutinas», a novela de Lionel Rexes que gañou o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

 O xornal El Progreso publicou unha información de Fernando Salgado sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un thriller telúrico cheo de intriga e sorpresa: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.   Entrega no Grove do Premio Manuel Lueiro Rey Participamos onte no Grove na gala de entrega da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro a Rey que recibiu Lionel Rexes por A raíña das velutinas.

Personaxes sacado da realidade actual e histórica: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Artigo de Fran Bouso

O xornal La Voz de Galicia publicou un artigo de Fran Bouso sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Lionel Rexes: «Tratei de espir as miserias mentais de personaxes que podemos ser calquera de nós»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez ao escritor Lionel Rexes, sobre a súa novela A raíña das velutinas.