Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_realidade

Manuel Darriba: «A novela ten que ver con cousas que están sucedendo no mundo, que son peores aínda que a Covid e que durarán máis». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «A realidade»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Manuel Darriba sobre o libro: A realidade, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha narración ideal para espíritos literarios afoutos que se atrevan a xogar na “Champion” dos súper lectores: «A realidade», de Manuel Darriba. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A realidade, de Manuel Darriba, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

«Os paxaros e outros poemas» e «A realidade», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de marzo

Os paxaros e outros poemas, de Daniel Salgado, e A realidade, de Manuel Darriba, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo de 2021.

Manuel Darriba: «`A realidade´ é a novela máis completa e ambiciosa que fixen ata agora». Entrevista no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Vanesa Bran ao escritor Manuel Darriba sobre o libro: A realidade, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Novidade: «A realidade», de Manuel Darriba: Unha sinfonía en apariencia demencial para narrar unha historia que transcorre baixo o ruído e a furia

A realidade, de Manuel Darriba, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura.

Un libro que alegra o arrinque do ano literario: «A realidade», de Manuel Darriba. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: A realidade, de Manuel Darriba, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro chegará ás librarías en febreiro deste ano 2021. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.