Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_sega

Unha exploración do esmorecer das certezas que o amor romántico presenta como un anuncio de colonia: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Crítica de María Reimóndez en «A Sega»

A escritora María Reimóndez publicou en A Sega unha recensión sobre a novela Formigas nos pés, de Nazaret López, publicada por Xerais na colección Narrativa.   «Formigas nos pés» de Nazaret López, por María Reimóndez As formigas, como acontece ando unha senta nunha campa no verán, son un incomodo.

A plataforma de crítica A Sega homenaxea a Xela Arias. Noticia no «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha noticia sobre a homenaxe a Xela Arias, organizada pola plataforma de crítica A Sega, que se celebrou no Parque do Castro de Vigo o día 15 de agosto de 2019. (Imaxe: Xulio Gil – Praza Pública). Nos anos 2014 e 2015 estivo entre as candidatas ao Día das Letras Galegas, pero non foi a escollida.

Un mundo complexo cheo de criaturas fantásticas, países sorprendentes e momentos sensacionais. «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica de Eli Ríos en A Sega

A Sega, unha plataforma de crítica literaria que traballa por visibilizar o labor das mulleres na literatura, publicou unha recensión de Eli Ríos sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro gañou o Premio Lazarillo 2017, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

A realidade enriba da mesa: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos», por Eli Ríos “O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Alex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro” ( p.9). Estas primeiras liñas coas que comeza a novela de Eva Mejuto xa nos sitúan nunha temática de “portas para dentro”.

Do «natural» e o «ideolóxico»: artigo de Lara Rozados en A Sega sobre o ensaio «Anti Natura», de María Xosé Queizán

Lara Rozados publicou en A Sega unha recensión crítica sobre o ensaio Anti Natura de  María Xosé Queizán.     Do «natural» e o «ideolóxico» Neste ensaio (Anti natura, Xerais, 2008), María Xosé Queizán dálles unha volta ás ideas asumidas como lexítimas nas que se asenta o patriarcado.

Artigo de Susana Sánchez Aríns sobre «Sentinela, alerta!», de María Xosé Queizán, en A Sega

A escritora Susana Sánchez Aríns publicou en A Sega unha recensión sobre o libro de relatos Sentinela alerta!, de María Xosé Queizán.   Sempre alerta, sentinela! Gostamos das narrativas carcerárias. Tenham o formato que tenham. Cinema, serial televisivo, banda desenhada, romance. É, entre os cronotopos batjineiros, um dos mais atrativos e românticos: todo um mundo reduzido a uns metros quadrados.

A escritora María Xosé Queizán foi homenaxeada no III Día das Galegas nas Letras

A escritora María Xosé Queizán foi homenaxeada o pasado 15 de agosto ao dedicarlle este ano o III Día das Galegas nas Letras, un evento que organiza a plataforma de crítica literaria A Sega.

Un libro que nos deixa a soas cos nosos temores: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde.     Funambulistas Hai xa tempo que quería desmiuzar un chisco Funambulistas, de Mercedes Leobalde, porque me impresionou a súa lectura, pero había algo que me inquietaba e non tiña moi claro qué era. Así que, como os bos viños, deixei repousar o tema ata que chegase o momento. E chegou.

Unha historia coa que as mulleres poden sentirse identificadas: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.   O Gran Reino A literatura é un elemento creador de referentes e, nesta novela, as mulleres e rapazas poden ler unha historia coa que sentirse identificadas e na que se reconstrúen os principios creadores de grandes traumas e/ou relacionamentos sociais. En todos os planos posibles.

Forza e control: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Crítica de María Reimóndez

María Reimóndez publicou en A Sega unha recensión sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.   Forza e control Se algunha vez alguén tivo dúbida da conexión entre os mundos da fantasía, no literario e fóra, e aqueles que denominamos “o real” (deixarei a crítica da Matrix para outro día) achegarse a O Gran Reino acabará de disipar esas incertezas.

A poesía como xoguete sonoro: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Eli Ríos

A Sega publicou unha recensión crítica de Eli Ríos sobre As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño.     As redes de Inés.

A biografía do Orlando namorado, furioso e pendurado. Crítica de Eli Ríos sobre a novela de Goretti Fariña

A escritora Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión crítica sobre a novela Orlando pendurado, de Goretti Fariña, Premio Cidade Centenaria.   A biografía do Orlando namorado, furioso e pendurado Goretti Fariña, na novela Orlando pendurado, debulla a historia de Orlando, un ex-seminarista que traballa no naval. No estaleiro, un día, ten un acidente e queda pendurado dun arnés a nove metros de altura.