Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_señorita_bubble

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha homenaxe ás mulleres inventoras, condenadas á invisibilidade, o silencio e a negación ao longo da Historia: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Recensión na web «Librópatas»

A web de literatura Librópatas publicou unha recensión de Ângels S. Amorós sobre a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrada por Andrés Meixide.

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

«O libro galego entrega os seus premios nunha gala reivindicativa.» Información de «La Voz de Galicia» sobre a III Gala do Libro Galego

O xornal La Voz de Galicia publica unha información de Tamara Montero sobre a entrega de premios da III Gala do Libro Galego, na que obras de Xerais obtiveron catro dos galardóns entregados: Premio obra infantil.

Obras de Xabier P. DoCampo, Xurxo Mariño e Ledicia Costas, e a colección Básicos Ciencia de Xerais, premiadas na III Gala do Libro Galego

As obras A señorita Bubble de Ledicia Costas, Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño e A nena do abrigo de astracán de Xabier P.

Obra roaldhaliana ata a medula, narrada cunha linguaxe vivaz, lixeira e desenfadada: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica de Carmen Bar Cendón

A web de GALIX publicou unha recensión de Carmen Bar Cendón sobre a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrada por Andrés Meixide.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

Ledicia Costas: «A inspiración é un estereotipo romántico sobre a literatura. Hai que ler, buscar documentación…»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha entrevista de Marta Veiga á escritora Ledicia Costas na que fala dos seus libros  Os arquivos secretos de Escarlatina e  As peripecias de Extravaganzza Pérez. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Terra», de Xurxo Mariño e «A señorita Bubble», de Ledicia Costas, entre os mellores libros do 2017 para o crítico e escritor Mario Regueira

O escritor e crítico Mario Regueira elixiu no seu blog os que son, ao seu xuízo, os catro mellores libros do ano 2017. Entre eles, figuran dous títulos de Xerais: o libro o libro Terra, de Xurxo Mariño, subtitulado Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo; e a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas.

Os Premios Fervenzas Literarias 2017 recoñecen varias obras e autores/as de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Sinatura ilustrada de “Os arquivos secretos de Escarlatina” e “A señorita Bubble” en Vigo

O venres 22 de decembro, a partir das 17:30 horas, na librería Librouro,  rúa Eduardo Iglesias, 12, Vigo, a escritora Ledicia Costas e os ilustradores Víctor Rivas e Andrés Meixide, farán unha sinatura ilustrada nos libros Os arquivos secretos de Escarlatina e A señorita Bubble.