Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_soidade_do_asasino

O blog «Rede Lectura» recomenda a obra teatral «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra teatral A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.   Unha proposta teatral: «A soidade do asasino», de Carlos G. Reigosa A editorial Xerais vén de publicar na colección Fóra de xogo a peza teatral A soidade do asasino de Carlos G. Reigosa.

«Unha obra que sorprende e que se crece ante as dificultades.» Crítica da obra teatral «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa, no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a obra teatral A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.

A obra de teatro «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa, no programa da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. O programa pode verse nesta ligazón.

Todo individuo de orde leva dentro un criminal: «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa. Crítica de Diego Ameixeiras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a obra teatral A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha chea de preguntas en poucas páxinas que atrapan a cobiza da lectura: «A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.   A soidade do asasino Carlos G. Reigosa é o autor desta pequena obra de teatro publicada pola editorial Xerais, A soidade do asasino. Un diálogo entre vítima e asasino, un díalogo de descuberta da realidade, da personalidade, do coñecemento.

Unha obra teatral que confirma a solidez do autor: «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa. Crítica de Armando Requeixo

 O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. Unha peza teatral centrada na dialéctica entre o asasino e a súa vítima

A soidade do asasino, de Carlos Reigosa, é unha novidade da colección xuvenil Fóra de Xogo. A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades.