Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_sombra_cazadora

Os 60 anos de Suso de Toro

Tanto o blog Horchata en vena como Brétemas recollen a nova do 60 aniversario do escritor Suso de Toro, nacido en xaneiro de 1956, a quen, desde Xerais, lle damos os nosos parabéns. No blog Horchata en vena, de Rubén Reiriz Polo, compártense algunhas revelacións biográficas do escritor: «’O meu folklore familiar era froito do desarraigo. Tiña vocación de éxito’. Fillo de emigrantes. O pai veu dunha aldea de Zamora.

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

Os libros de Suso de Toro: opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 70 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Suso de Toro lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.