Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_voz_de_barbantia

Presentación en Ribeira de “O anxo negro” de Manuel Gago

O venres, 17 de xuño, ás 20:30 horas, no Club Náutico Deportivo de Ribeira, Peirao, s/nº, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago.

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

Alta literatura: «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Agustín Agra

O escritor Agustín Agra publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Cadeas de Xabier López López.     Cadeas (digresión artística), de Xabier López Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.