Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ABC

A escritora ceense Rocío Leira gaña o XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra «Afogada». Noticia nos medios e na rede

A escritora ceense Rocío Leira gañou o 22º Certame de Narración Curta Ánxel Fole co traballo titulado: Afogada. O certame está convocado polo Concello de Lugo en colaboración con Xerais. (Imaxe: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, obra gañadora da anterior edición).

Os premios da V Gala do Libro Galego 2020, nos medios e na rede

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada ao outono.

«Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros, entre os libros seleccionados polo xornal «ABC» para os días de confinamento

O xornal ABC publicou unha reportaxe na que o xornalista David Gómez fai una selección de libros para levar mellor os días de confinamento, con mención ao libro: Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Xerais convoca os seus premios de novela, literatura infantil e xuvenil. Noticia en varios medios de comunicación

  Xerais convoca a 37 edición do Premio Xerais de Novela; a 35 edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e a 12 edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Infinidade de medios recolleron a nova do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa.

Infinidade de medios de comunicación recolleron a noticia do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa. Caderno da Crítica (16-11-2019): Pablo L. Orosa: ese café que nunca será Diario Cultural da Radio Galega (17-11-219): Falece Pablo L. Orosa El Correo Gallego (17-11-2019): Fallece en A Coruña el periodista de Oza-Cesuras Pablo L.

Manuel Blanco: «A anoxia demográfica de Galicia é un autoxenocidio»

O xornal ABC publicou unha entrevista de E. P. Rodríguez Somoza a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.

Carlos Reigosa: «O ruralismo é a peor literatura da historia do home»

Carlos Reigosa: «O ruralismo é a peor literatura da historia do home»

A edición galega do ABC publica unha información sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa.   Reigosa: «O ruralismo é a peor literatura da historia do home» Trinta anos despois da súa presentación, as historias da Corda –un lugar ficticio a semellanza dos míticos Comala, Macondo ou Vetusta– voltan ás librarías galegas cunha linguaxe adaptada á normativa actual nun volume de nome homónimo publicado por Xerais.

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).

«”Dime algo sucio”: unha novela que se le de dúas sentadas»

«Bajos instintos» é o título da crítica, asinada por A.M. Pedrosa, publicada nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC, de Dime algo sucio, a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Traducimos do castelán o primeiro parágrafo do texto: É un solombo, é dicir, literatura.

«Sol de inverno» ou «o bico dunha cereixa»

Baixo o título «O bico dunha cereixa», P. Abet publicou nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC unha crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

«Gran Dicionario Xerais da Lingua»

Varios medios recollen a noticia da presentación do Gran Dicionario Xerais da Lingua. A edición galega de ABC salienta que o novo dicionario Xerais contará cunha versión electrónica en 2010; Europa Press subliña que o novo gran dicionario de Xerais aumenta en cinco o seu número de entradas. El Progreso anuncia que  a obra supera as 100.000 entradas, as 400.000 acepcións e as 2.464 páxinas.

Maalouf: «investir en cultura é investir en paz cívica»

Maalouf: «investir en cultura é investir en paz cívica»

Con motivo da publicación en España das edicións d’ A deleiba do mundo, o máis recente libro de ensaios de Amin Maalouf, hoxe son moi numerosas as entrevistas co grande autor franco-libanés. Europa Press,  EFE, El País, ABC, El Mundo recollen as declaracións dun Maaoluf esperanzado que reivindica, como no seu ensaio, «o investimento en cultura como investimento en paz cívica».