Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: acción_contra_a_fame

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

«Níxer», presentación na Coruña

O vindeiro martes, 1 de xuño, ás 20:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña, presentarase Níxer, o libro publicado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame. No acto participarán tres dos autores, Alfonso Costa, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval, que estarán acompañados pola responsable en Galicia de Acción contra a Fame, Isabel Iglesias Santos e polo editor Manuel Bragado.

«Níxer», crítica de Ramón Nicolás

NÍXER: RADIOGRAFÍA DO ÚLTIMO LUGAR SOBRE A TERRA NÍXER QUERE CHAMAR A ATENCIÓN SOBRE UN DOS PAÍSES MÁIS POBRES DO MUNDO NUNHA INICIATIVA DE EDICIÓNS XERAIS, ACCIÓN CONTRA A FAME E CULTURA SOLIDARIA GALEGA É imposible concluír a lectura dun libro deste carácter tal e como se principiou. Talvez poida semellar que a afirmación é esaxerada, pero non teño dúbida de que esta é unha desas achegas que perduran na memoria.

«”Níxer”: crónicas para un país silenciado»

Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.

«Níxer», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 28 de abril, ás 20:15  horas nas instalacións do Casino de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) presentarase o libro Níxer do que son autores Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco e Alfonso Costa. Na presentación acompañarán aos autores o editor Manuel Bragado e Isabel Iglesias Santos responsable de Acción Contra a Fame.