Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: adrián_morgade

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

O cómic infantil «Xinfu na maldición guauchuky», de Adrián Morgade, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade. O programa pode verse nesta ligazón.

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade, publicado na colección Merlín Cómic. Novidades de banda deseñada: «Xinfu na maldición guauchuki» A editorial Xerais publicou a finais de 2017 Xinfu na maldición guauchuki de Adrián Morgade.

Adrián Morgade: «Un debuxante de cómic debe debuxar, debuxar e debuxar ata dar coa imaxe que quere»

 O Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe de Belén López a Adrián Morgade, autor de XINFU na maldición guauchuky, publicado na colección Merlín Cómic.. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Adrián Morgade: «Gústame que os malvados dos meus cómics sexan moi escuros, coma os de Batman»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo e o xornal La Opinión publicaron unha entrevista de Lourdes Varela a Adrián Morgade, sobre o seu cómic infantil XINFU na maldición guauchuky. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Cómpren iniciativas deste tipo: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade». Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o cómic infantil XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade.   XINFU na maldición guauchuky Moi boa suxestión esta titulada XINFU na maldición guauchuky de Adrián Morgade, cómic infantil publicado por Xerais.

Un cómic infantil que bebe da animación: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de López Penide sobre o cómic infantil XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade. Unha aventura máxica e chea de acción en cómic

XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade, é unha novidade de Xerais da colección Merlín Cómic. Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

Adrián Morgade: «Traballei por intuición e mirando outros libros sobre rock. Recurrín a cousas que me gustan, como o cómic, para buscar solucións»

O Diaro de Pontevedra publica unha entrevista con Adrián Morgade, deseñador do libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez publicado na colección Extramuros. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do domingo, 7 de decembro

Programa de Xerais para o Domingo 7 de decembro no Culturgal   19:00 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Javier Domínguez e Adrián Morgade autores de Los Suaves. Mi casa es el Rock ‘n’ Roll. 19:30 horas: Espazo Infantil. Presentación dramatizada do libro Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas (Premio Merlín, 2014). Participan: Daniel Landesa, María Lado, Xosé Daniel Costas Currás e Ledicia Costas.

Presentación en Pontevedra de “Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll” de Javier Domínguez

O martes, 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo 3 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll de Javier Domínguez. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Javier Domínguez, Adrián Morgade, Charly Domínguez, baixista e fundador de Los Suaves,  e Manuel Bragado.