Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: AELG

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

              Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2018 / #premiosxerais TVG, noticia no Telexornal Noite (02-06-2016): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os premios Xerais 2018 Faro de Vigo / La Opinión de A Coruña (03-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os Premios  Xerais 2018 El Correo Gallego (02-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro y Héctor C

A ruta marítima elaborada a partir da novela «Costa do solpor», de Xosé María Lema, dispoñible na web da AELG

Xa está dispoñible na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Ruta marítima da novela Costa do Solpor, de Xosé María Lema, coa novidade de que, ademais da versión en galego, tamén se inclúe a tradución ao castelán (La ruta marítima de la novela Costa do Solpor) e ao inglés (The route of the novel Costa do Solpor).

Crónicas sonora e videográfica da III Gala do Libro Galego

O espazo da Radio Galega Diario Cultural elaborou unha crítica sonora da III Gala do Libro Galego. Asemade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recolle na súa web unha crónica videográfica do acto.

O escritor Nacho Taibo será recoñecido coa letra «E» pola AELG dentro do programa «Escritor na súa terra»

 O escritor Nacho Taibo, autor de, entre outras moitas obras, da novela Os tres de nunca, será recoñecido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no vindeiro mes de xullo coa letra E, dentro do programa «Escritor na súa terra», un galardón que supón a homenaxe que se lle fai a un escritor vivo pola obra de «toda unha vida». O acto de recoñecemento terá lugar no Concello de Oleiros.

Roteiro «Polos Camiños de Bernardino Graña», polos camiños do neno mariñeiro, en Cangas

A AELG e a Deputación de Pontevedra promoven un roteiro «polos Camiños de Bernardino Graña», guiado por Heitor Mera, que percorre moitos dos lugares de referencia do seu recentísimo libro O neno mariñeiro, que acaba de publicar Xerais. A información pode consultarse neste pdf do Faro de Vigo.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

Os Premios Xerais 2016 nos medios e na rede

(Actualizado 7/06/2016) Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2016 / #premiosxerais16 Noticia do telexornal noite (TVG 04-06-2016) «Os Xerais reivindican o idioma propio ea “renovación constante” da literatura galega, Praza pública «Os Xerais premian con 30.000 euros tres novelas con profunda raizame social», Faro de Vigo «Un médico vigués sen máis experiencia gaña o Premio Xerais de Novela», La Voz de Galicia.

Manuel Rivas, María Lado, Antón Cortizas, Antonio G. Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas, premiados na Gala do Libro Galego por libros publicados por Xerais

Manuel Rivas na categoría de Narrativa, pola súa novela O último día de Terranova; María Lado na categoría de Poesía polo seu libro Oso, mamá, si?; Antón Cortizas na categoría de Teatro, pola súa obra Xogando con gatos; e Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas na categoría de Iniciativa Bibliográfica, pola obra Lendo lendas, digo versos; foron os autores e autoras premiados por libros publicados por Xer

Roteiro Literario con Xurxo Souto mañá sábado: ««A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Ruta de Ulyses Fingal»

A AELG organiza un Roteiro Literario na Coruña con Xurxo Souto mañá sábado: ««A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Ruta de Ulyses Fingal».   Roteiro literario pola Coruña con Xurxo Souto «A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules.

Paseo Literario: A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra da man de Pedro Feijoo

O vindeiro sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo.   31 de outubro A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra, Pedro Feijoo Teñen todas as cidades unha outra vida que, por veces, non se ve. Ou si, se se observa cos ollos adecuados… Unha vida feita da textura das letras, de sangue de tinta, e alma vestida nas historias.

Inaugurada a ruta turístico-literaria da novela «A Costa do Solpor», de Xosé María Lema

O pasado  17 de outubro realizouse, da man da AELG, a excursión inaugural a ruta literaria da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema, que foi magnificamente ben acollida polos participantes. No blog Costa do Solpor publicouse unha crónica do día, que se pode ler nesta ligazón. A ruta leva os viaxeiros polos principais escenarios, a través do tempo, nos que se desenvolveu, en agosto de 1761, a narración.

Excursión a partir da ruta da novela «Costa do solpor», de Xosé Mª Lema

A AELG anima a participar o vindeiro 17 de outubro na excursión que se fará a partir da ruta da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.