Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agadic

Presentación na Coruña de “Suite Artabria” de Manuel Lourenzo

O sábado, 28 de outubro, 2017, ás 19,00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Suite Artabria de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro, 2016, convocado pola AGADIC. No acto participarán Henrique Rabuñal, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Santiago de “O valo” de Carlos Labraña

O xoves, 19 de outubro, 20,00 h. no Salón Teatro de Santiago, terá lugar a presentación do libro O valo de Carlos Labraña, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2016 convocado pola AGADIC. Acompañarán ao autor Nuria Díaz, Romina Bal, Camilo Franco e Manuel Bragado. Ás 20:30 h representación da obra de teatro . Ás 21:15 h coloquio sobre a situación dos refuxiados.

Carlos Labraña: «O preocupante é que os que mandan no mundo queiran erguer máis valos»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Carlos Labraña, sobre a obra de teatro infantil O valo, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Moi recomendable para a escola: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz.   Derrubando valos, mirando as estrelas Comezamos o curso cheos de enerxías renovadas despois dun merecido descanso, con ganas de ler mil follas coa chegada do outono, de inzar de castañas os soutos todos.

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC. IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016 No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira.

A incomuniación, a crise e un excelente final: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre  Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014.   Raclette Santiago Cortegoso Calvar é o autor desta interesante proposta teatral que publica Xerais, Raclette, XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014. O argumento son dúas escenas xustapostas que crean dous ambientes alternos.

Unha ollada aceda desde o espazo cotián: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar. Crítica de Manuel F. Vieites

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica un artigo de Manuel F. Vieites sobre Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As contradicións da vida moderna: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar

La Voz de Galicia publicou unha recensión de X. F.  sobre Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Santiago Cortegoso: «En todo o que escribo hai unha dimensión social e política clara»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Santiago Cortegoso, gañador do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais con Raclette.

Novidade: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar, XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014

Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar é o XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014 XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014 Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual.

A crise en oito personaxes do noso tempo: «Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Premios á conciencia crítica: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo e«Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora. Crítica de Areta González Bolado

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Areta González Bolado sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, e Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012,   Premio á conciencia crítica A CEGUEIRA MARCOS ABALDE COVELO  ISÓBARAS GUSTAVO PERNAS CORA Os dous últimos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, A cegueira, de Marcos Abalde (2011)