Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agn

A desfeita demográfica de Galicia chama á reflexión: «Galicia: un pobo con futuro?», de Manuel Blanco Desar

Os xornais El Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha reportaxe sobre o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Agustín Fernández Paz, entrevista para AGN

Agustín Fernández Paz, entrevista para AGN

Anxa Correa realizou unha entrevista a Agustín Fernández Paz, para a axencia AGN, que hoxe publica Galiciae. O autor d’ O único que queda é o amor aborda, entre outras cuestións, o seu compromiso coa escrita en lingua galega e o seu concepto de lectura. Recollemos varios fragmentos: P: Deixou de ser unha ousadía escribir para rapaces e escribir en galego? R: Nunca o considerei ousado.

Marcos Calveiro, entrevistas

Marcos Calveiro, entrevistas

Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe. Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes.