Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agosto_de_memoria_e_morte

Literatura policíaca e histórica: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga

Tanto La Voz de Galicia como El Correo gallego publicaron informacións sobre a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Noia de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. No acto, organizado pola Concellería de Cultura de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; José Manuel Lage, Concelleiro de Cultura; e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Escribir unha novela era un reto persoal para min». Entrevista de P. Calveiro

La Voz de Galicia publica unha entrevista de P. Calveiro a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «O xénero policial é altamente codificado». Anotación sobre «Agosto de memoria e morte»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.   Con Leiceaga en Couceiro A profesora Dolores Vilavedra conversou onte en Couceiro con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre Agosto de memoria e morte.

Presentación en Santiago de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O mércores, 7 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. No acto participarán Dolores Vilavedra, Manuel Bragado e o autor.

Literatura de calidade, persuasiva, impecable: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Interesábame a historia dos vencedores». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Son un lector literario bastante compulsivo, tamén do xénero negro». Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un «thriller» cos ventos da historia: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.     Un «thriller» cos ventos da historia O ex deputado socialista no Parlamento de Galicia e economista X.

Unha novela negra sobre un pasado incómodo: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación, na Feira do Libro da Coruña do libro Galicia: un pobo con futuro? de Manuel Blanco Desar, e da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.   Domingo na Feira do Libro da Coruña Excelente e animadísima primeira xornada da nosa participación na Feira do Libro da Coruña.

O político Xoaquín Fernández Leiceaga descóbrese como novelista con «Agosto de memoria e morte»

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, que estará nas vindeiras semanas nas librarías.

Novidade: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Unha novela negra cos pés na memoria

Agosto de memoria e morte é unha novela de Xoaquín Fernández Leiceaga, novidade da colección Narrativa de Xerais para este verán. Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais sentiranse ameazadas.