Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agustín_agra

Unha obra chamada a perdurar, unha labazada ao lector: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias

O blog de Barbantia publicou unha crítica de Agustín Agra sobre a novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrado por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.   Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias Todo o tempo do mundo é a novela de Ariadna e de Valente. De Valente e de Ariadna. Dunha nena urbanita de case 12 anos e dun vello courelá, seu avó, de case oitenta.

Presentación en Noia de “Todo o tempo do mundo” de David Pérez Iglesias

O venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Corredoira de Luis Cadarso, s/nº, en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participarán Agustín Agra, Manuel Bragado e David Pérez Iglesias.

Unha novela que explora sentimentos e paixóns: «Dragona» de Xavier Queipo. Anotación de Agustín Agra

O blog de Barbantia publicou un texto de Agustín Agra sobre Dragona de Xavier Queipo.   Dragona Un día, hai anos, Xavier Queipo agasalloume co debuxo dunha desacougante augamar. Aquela tarde de febreiro na que a súa man esbozou unha medusa, en Compostela chovía os sete choveres.

‘En «55», de Xavier Queipo, hai textos impagables’: Artigo de Agustín Agra

O blog de Barbantia publicou un texto de  Agustín Agra sobre 55 de Xavier Queipo.

Presentación en Compostela de “55” de Xavier Queipo

O martes, 2 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro 55 de Xavier Queipo. No acto participarán Agustín Agra, Xavier Queipo e Manuel Bragado.

Agustín Agra: «Para escribir ‘Trampa de luz’ inspireime en soños»

O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo con Agustín Agra sobre o seu libro Trampa de Luz, feita por estudantes do centro.     Escoitar, ver, ulir… Trampa de Luz Foi unha mañá agradable, despois do esforzo dos exames… Agustín Agra entrou na biblioteca con Trampa de luz. Canda el viña o tanxedor de campás, que foi deixando olores envoltos nun «sibi-sibi-sibi-siiii».

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

Alta literatura: «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Agustín Agra

O escritor Agustín Agra publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Cadeas de Xabier López López.     Cadeas (digresión artística), de Xabier López Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Narración orixinal e intrigante: «Trampa de Luz», de Agustín Agra. A opinión dun estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión do estudante David Cabaleiro sobre Trampa de Luz, de Agustín Agra.   Trampa de luz Como moitas outras veces na literatura xuvenil, a protagonista é unha adolescente. Irene é unha rapaza curiosa, á que lle encanta sacar fotografías de canto a rodea para despois tratar de recoñecer a súa identidade.

Vídeo da entrevista a Agustín Agra sobre o seu libro «Trampa de luz» no IES Porto do Son

Dous alumnos do IES Porto do Son (Alexandra e Carlos), usuarios da Biblioteca Fraga de Novio, entrevistan nun vídeo o escritor Agustín Agra polo seu libro Trampa de luz.

«Trampa de Luz», de Agustín Agra: o poder do misterio

Román Arén publica na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha recensión sobre  Trampa de Luz, de Agustín Agra.   Trampa de Luz   O poder do libro está no misterio Agustín Agra (Nola 1966), biólogo, comezou colaborando nas revistas Alameda e Casa da Gramática, e no 2004 gañou o Premio de Narracións Curtas do Pedrón de Ouro con Os límites do inimaxinable.