Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agustín_baamonde

Unha emocionada Rosa Aneiros recibiu en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Rosa Aneiros recibiu o sábado, día 2 de febreiro de 2019, no Auditorio Municipal de Vilalba, o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia (Foto: Blog Brétemas) A noticia da entrega do premio foi recollida polos xornais El Progreso de Lugo, La Voz de Lugo, así como polo b

A escritora Rosa Aneiros recibe en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Presentación en Vilalba de «Fóra do normal», a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

O xornal El Progreso publica unha información sobre a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. O acto terá lugar este venres 7 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. O certame está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais.

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P.