Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agustín_fernández_paz

Cabodano do escritor que formou lectores literarios nos centros de ensino

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Marta Veiga sobre Agustín Fernández Paz. (Foto de Andrea Costas).   Cabodano de orfandade nas letras Cúmprese un ano do pasamento do escritor chairego Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), un dos autores máis carismáticos, queridos, lidos e prolíficos da literatura galega das derradeiras décadas do século XX e do que vai de terceiro milenio.

Lembranza de Agustín. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a reportaxe de Xesús Fraga en La Voz de Galicia sobre Agustín Fernández Paz.   Os camiños que abriu Agustín Gustei moito da lembranza que Xesus Fraga fixo onte en La Voz de Galicia da figura de Agustín Fernández Paz, cando se cumpre un ano do seu pasamento.

Os camiños que abriu Agustín. Reportaxe de Xesús Fraga

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre Agustín Fernández Paz. (Foto de Óscar Vázquez)   Os camiños que abriu Agustín A piques de conmemorarse o seu cabodano, a presenza literaria de Fernández Paz non diminúe, coa publicación de novos libros e a súa posición nas letras galegas «Cos seus libros póstumos publicados ao longo deste ano semella que Agustín está aínda entre nós».

Beber nas fontes da vida e dos soños: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz, é unha   Beber nas fontes da vida e dos soños «Un mundo de palabras» reúne textos de Agustín Fernández Paz sobre a lectura e a literatura Álvaro Cunqueiro afirmaba que as persoas necesitaban dos soños tanto coma da auga.

Novidade: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz. Un legado persoal sobre a lectura

Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. Un mundo de palabras reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.

70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os 70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz.   70 anos de Agustín Lembramos onte a Agustín Fernández Paz no día que se cumpriron 70 anos do seu nacemento en Vilalba. O do seu aniversario era un día de ledicia que Agustín celebraba coa intención de revivir os días felices compartidos coas persoas queridas.

Os libros de Xerais que son finalistas da Gala do Libro Galego 2017

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

Recomendación de «Valados», de Agustín Fernández Paz, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha anotación cun vídeo no que unha estudante recomenda o libro Valados, de Agustín Fernández Paz. Lendo Valados En 21 días co galego, esa tan estupenda iniciativa do IES da Pobra do Caramiñal, pedíronme que mandase un vídeo cun alumno ou alumna despois de ler unha obra de Agustín Fernández Paz.

Un libro recollerá os textos sobre a lectura, «que é de todos», de Agustín Fernández Paz

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre o escritor Agustín Fernández Paz e o libro póstumo, sobre a lectura, que publicará Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Azos de Agustín», por Manuel Bragado. Sobre Fernández Paz e a lectura

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o escritor Agustín Fernández Paz e un libro póstumo en torno ao que Xerais está a traballar.   Azos de Agustín Lendo nos textos do novo libro de ensaio de Agustín Fernandez Paz, que preparamos para fin da primavera, recupero azos e doses de entusiasmo para o noso traballo de edición.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, e «As horas roubadas», de María Solar, recomendadas pola booktuber galega Corazón ao vento

A canle Corazón ao vento, dunha booktuber galega, recomenda dúas novelas publicadas por Xerais: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e As horas roubadas, de María Solar.

«Valados», de Agustín Fernández Paz, centrará o sábado o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

O libro Valados, de Agustín Fernández Paz, centrará mañá sábado 28 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura e servirá de pequena homenaxe ao autor. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.