Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agustín_fernández_paz

Vinte anos de literatura galega

Con motivo do vinte aniversario da Fundación Caixa Galicia, o sábado 14 de novembro de 2009 ás 12:00 horas, celebrarase a mesa redonda Vinte anos de literatura galega, na que baixo a moderación de Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia, e coas voces dos escritores Suso de Toro, Chus Pato, Agustín Fernández Paz, o crítico literario Ramón Nicolás e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia Xurxo p

«Valados» de Agustín Fernández Paz

Coincidindo coa efeméride do vinte aniversario da caída do muro de Berlín, anunciamos a publicación este mes de novembro de Valados, o novo libro de Agustín Fernández Paz. Presentado na serie de volumes acartonados e sen recomendación de idade da colección Merlín, este conto ilustrado por Xan López Domínguez propón derrubar todos os valados, todos os muros existentes no planeta.

Fallados os Premios Martín Sarmiento 2009

Acabamos de coñecer o fallo da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FEREGA e outorgado por máis de cinco mil lectores e lectoras. Foron premiadas tres obras publicadas por Xerais ao longo do pasado ano 2007: Fina CASALDERREY: A lagoa das nenas mudas, colección Sopa de Libros (categoría de 3º a 5º de primaria).

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Xerais ten previsto realizar os seguintes actos: 1 de abril, mércores, a partir das 18,00 horas, Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2008, asinará exemplares de O único que queda é o amor e do resto da súa obra, no departamento de libraría de El Corte Inglés de Vigo.

Aínda non leu nada de Agustín Fernández Paz?

Aínda non leu nada de Agustín Fernández Paz?

«Visibilidade da nación galega», artigo de X. L. Méndez Ferrín no «Faro de Vigo»

Recomendamos este artigo, onde X. L.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto: 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza. 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor. 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas. 3 domingo, ás 20,30 h.