Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: albert_uderzo

Falece Albert Uderzo, pai de “Astérix e Obélix”. Noticia no xornal “Nós Diario”

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o falecemento do debuxante francés Albert Uderzo, creador xunto ao guionista René Goscinny das aventuras de Astérix. Dende o ano 2013, Xerais edita os cómics de Astérix en galego.

Un álbum inspirado na activista Greta Thunberg que fala da adolescencia e das herdanzas: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Crítica de Carlos Portela no Diario Cultural

Carlos Portela interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un álbum imprescindible que nos mantén en contacto cunha das creacións máis senlleiras da historia do cómic europeo: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Anotación en «Biosbardia»

Biosbardia, o país dos libros en galego, publicou unha anotación asinada por Edu Maroño sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.   ‘Astérix: A filla de Vercinxetórix’, de René Goscinny.

Astérix regresa en galego cunha historia protagonizada por unha adolescente: «Astérix: A filla de Vercinxetórix». Anotación no xornal «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha anotación sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.

Novidade: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Astérix e Obelix regresan cunha nova aventura protagonizada por unha misteriosa adolescente que chega de noite á aldea

Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, ilustrado por Albert Uderzo e Didier Conrad, é unha novidade da colección Cómics. A obra foi traducida por Xavier Senín e María Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

Xerais publica un dos álbums clásicos de Uderzo & Goscinny: «Astérix en Britania». Entrevista cos tradutores Xavier Senín e Isabel Soto no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores do álbum: Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Astérix en Britania», de René Goscinny e Albert Uderzo. Astérix e Obélix viaxan ata Britania para axudar a Botórax na defensa da súa aldea, invadida polos romanos

Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómic de Xerais. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

O novo álbum de Astérix publicarase en galego da man de Xerais. Noticia no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a publicación en galego do novo álbum de Astérix: Astérix. A filla de Vercinxetórix, da man de Xerais.   O novo álbum de Astérix publicarase en galego Unha adolescente rebelde, filla do líder rebelde galo Vercinxetórix, protagoniza o álbum número 38 do irredutíbel Astérix.

As novas aventuras duns galos que se negaban a ser dominados polo Imperio Romano: «Astérix e Cleopatra» e «Astérix. O combate dos xefes». Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Carmen Ferreira sobre os cómics: Astérix e Cleopatra e Astérix. O combate dos xefes , de René Goscinny, con ilustracións de Albert Uderzo. Os libros están traducidos ao galego por Xavier Senín e María Isabel Soto. Publícaos Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Astérix e Cleopatra», de René Goscinny. Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra

Astérix e Cleopatra, de René Goscinny, ilustrado por Albert Uderzo, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Cómics. A obra foi traducida por Xavier Senín e María Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

Novidade: «Astérix. O combate dos xefes», de René Goscinny. Astérix adestra a Abraracúrcix para que se enfronte a outro xefe galo

Astérix. O combate dos xefes, de René Goscinny, ilustrado por Albert Uderzo, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Cómics. A obra foi traducida por Xavier Senín e María Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

O cómic «Astérix en Italia», en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao cómic Astérix en Italia, de  René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. O programa pode verse nesta ligazón.