Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alberto_cudeiro

Ameixeiras: «Confío no sentido do humor dos dirixentes nacionalistas»

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.