Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alberto_ramos

Ramón Nicolás: «Coa novela quixen afrontar o desafío de construír un texto narrativo; pero tamén é unha celebración»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Ramón Nicolás sobre a súa novela O espello do mundo (Foto de Anxo Cabada).   «En ‘O espello do mundo’ está a vontade de restituír a memoria das ruínas que nos rodean» Tras 25 anos dedicado á ensinanza, ao ensaio e a crítica, Ramón Nicolás decidiu iniciarse na creación literaria a través da súa primeira novela: O espello do mundo.

Santiago Cortegoso: «Raclette é un mosaico humano no que os universos dos personaxes forman unha panorámica da sociedade actual»

Praza Pública publicou unha entrevista de Alberto Ramos a Santiago Cortegoso Calvar sobre a obra Raclette, que foi Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. «Raclette é un mosaico humano no que os universos dos personaxes forman unha panorámica da sociedade actual» Ibuprofeno Teatro vén de estrear Raclette, obra de Santiago Cortegoso galardoada no 2014 co Premio Álvaro Cunqueiro.

Manuel Rivas: «A libraría ten que ver cunha posición moi situacionista, xa que estamos a vivir no mundo do deslugar e a libraría é o lugar»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a  Manuel Rivas sobre a súa nova novela, O último día de Terranova.   «As cidades desaparecen cando os ricos fan os seus guetos, cando acabamos todos dentro dun xigante Marineda» Manuel Rivas vén de lanzar ás librarías O último día de Terranova (Xerais, 2015).

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Interesábame a historia dos vencedores». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte.

Héctor Cajaraville: «Bieito Sanmarful, o xornalista que protagoniza a miña novela, sempre escribe con retranca»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Héctor Cajaraville, autor de De remate, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2015.     «’De remate’ é unha novela pouco convencional, anárquica, na que o lector vai construíndo a historia» Héctor Cajaraville (Santiago, 1975) vén de gañar o XXXII Premio Xerais coa novela De remate.

Agustín Fernández Paz: «A viaxe de Gagarin forma parte dun axuste de contas cos sesenta». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Agustín Fernández Paz sobre a súa novela A viaxe de Gagarin.     «A viaxe de Gagarin forma parte dun axuste de contas cos sesenta» Agustín Fernández Paz vén de publicar con Xerais A viaxe de Gagarin, un libro de formación, un libro de descuberta.

Manuel Gago: «O libro é unha experiencia física e por iso quixemos facer algo máis». Entrevista a Gago e Cráneo sobre «Vento e chuvia» en Praza Pública

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Manuel Gago e Manel Cráneo pola próxima aparición do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.   «Galicia é un país cun vínculo tan forte coa Idade de Ferro que até Feijóo vive agora nun castro» Entre a divulgación, a historia e fantasía móvense Manuel Gago e Manel Cráneo no seu novo proxecto conxunto. Trátase de Vento e Chuvia.

Xabier López López, Premio Xerais 2013 por «Cadeas»: «A novela está vencellada polas relacións de poder e dominación, elementos consubstanciais ao século XX»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xabier López López, gañador do Premio Xerais de novela 2013 por Cadeas.     «Os que nos gobernan son uns nostálxicos das partes máis sinistras do século XX» “Unha novela de novelas, un baúl de historias que denotan, ante todo, unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar”.

Presentación en Santiago de “O anxo de Eva” de Marina Mayoral

O mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a prensentación da novela O anxo de Eva de Marina Mayoral. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Marina Mayoral. Os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos farán unha lectura do primeiro capítulo da novela.

Carlos Reigosa: «En ‘A vitoria do perdedor’ busco unha novela de intriga». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista que lle fixo Alberto Ramos a Carlos G. Reigosa en torno a súa novela A vitoria do perdedor. «O narcotráfico ten un efecto destrutor de todo, que pode contaxiar un político ou un rapaz de 17 anos» Carlos Reigosa (A Pastoriza, 1948) vén de publicar en Xerais A vitoria do perdedor.

Diego Ameixeiras: «Na novela, establecer diferenzas entre o ben e o mal non te leva polo bo camiño». Entrevista de Alberto Ramos sobre «Todo OK»

Dioivo publica unha entrevista de Alberto Ramos a Diego Ameixeiras sobre a súa novela Todo OK (Foto de Manuel Ríos).   «Confiar o futuro a alguén cada catro anos só é un rito democrático, non leva a ningures» Diego Ameixeras (Lausanne, Suíza, 1976) vén de publicar en Xerais a súa nova novela, Todo OK.

Jaureguizar: «A reacción dos rapaces con Tintimán é moi positiva: descubren que poden ler en galego cousas divertidas»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Alberto Ramos a Jaureguizar centrada na serie Tintimán, que consta xa de tres títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, e Amor de serea.