Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alberto_ramos

Jaureguizar: «A terceira aventura da serie Tintimán estará ambientada en Vigo»

O escritor Santiago Jaureguizar presentou onte en Compostela a súa novela Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acompañado da concelleira de Educación, Mercedes Rosón e do director de Xerais, Manuel Bragado. O Concello de Santiago empregará o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promoiconar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

O xornalista e escritor Alberto Ramos publicou o pasado domingo 10 un artigo de opinión no Xornal sobre Asasinato no Consello Nacional no que di que Diego Ameixeiras crea un detective taoísta único na literatura galega e fala do morbo da novela.

“Confeso que me mataron”, sobre Asasinato no Consello Nacional”

Alberto Ramos escribe en Xornal de Galicia sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras: “Confeso que me mataron”. Iso podería escribir algún deputado nacionalista despois de ler Asasinato no Consello Nacional (Xerais). Ameixeiras apuntou e apuntou con tino. Os disparos saíron da súa pluma e acertaron, pero non só á vítima.

Ameixeiras: “Se algo non falta no BNG é autocrítica, pero privada”

Alberto Ramós entrevista en Xornal de Galicia a Diego Ameixeiras con motivo da aparición de Asasinato no Consello Nacional. Velaí o comezo do texto: “Bloque: masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada. (Dicionario Xerais da Lingua)”. Está é a cita que elixiu Diego Ameixeiras (Lausanne, Suiza, 1976) para abrir a súa nova novela, Asasinato no Consello Nacional (Xerais).

«Asasinato no Consello Nacional», a volta de Diego Ameixeiras

Alberto Ramos anuncia en Xornal de Galicia a publicación inminente da nova novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional. Unha novela de intriga na que o Alberto Cudeiro, un elegante detective con ínfulas taoístas, debe investigar o crime dun parlamentario do BNG nun momento político decisivo, feito que o levará a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

Manuel Rivas anuncia a publicación da novela «Todo é silencio» no vindeiro outono

Manuel Rivas anuncia hoxe nunha entrevista que Alberto Ramos publica nas páxinas de Xornal de Galicia a publicación o vindeiro outono de Todo é silencio, unha novela que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes.

«”Níxer”: crónicas para un país silenciado»

Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.

Xosé Fernández Ferreiro homenaxeado polo Pen Club

Xosé Fernández Ferreiro, o novelista da xeración Brais Pinto, recibe estes días a homenaxe que lle rende o Pen Club de Galicia. Xerais abenzoa  ao noso benquerido Pepe, autor do que nos sentimos orgullosos ter publicada case a totalidade das súas dezaseis novelas. Foto de Óscar París e entrevista de M. Rodríguez en La Voz de Galicia. Outra entrevista interesante é estoutra de Alberto Ramos que publica Xornal de Galicia.