Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alberto_varela_ferreiro

Alberto Varela: «Este libro interesa polas poucas referencias que temos de que os viquingos estiveran en Galicia». Entrevista sobre: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou nas súa edición La Voz de Carballo unha entrevista de Melissa Rodríguez co deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro, autor do libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Parte da historia de Galicia reflectida nunha nova novela gráfica en galego. «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Ferreiro. Noticia na Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia emitiu unha noticia sobre o libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. A información pode verse nesta ligazón.

Un proxecto ambicioso que reflicte a presenza dos viquingos en Galicia: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o cómic: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics.   Ulf de Jakobsland.

Novidade: «Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. A historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media

Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Cómics de Xerais. Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

«Lume», de Alberto Varela Ferreiro, continúa na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios a cargo de Babaluva

O álbum ilustrado Lume, de Alberto Varela Ferreiro, adaptado para teatro, continúa na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a cargo de Babaluva Teatro, e esta pasada fin de semana representouse na vila ourensá de Ribadavia, no auditorio da Casa da Cultura.

Xerais, novidades de abril

Xerais, novidades de abril

Neste mes, o abril dos libros, Xerais poñerá nas librarías once títulos. Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas O’ Salto do Can de Jorge Llorca e Tempo de centeo de Xosé Fernández Ferreiro. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro. Os días ocultos. En colaboración coa Radio Galega e AGADIC o disco libro do IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Xerais, novidades de marzo

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.