Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: aldaolado

Unha lírica alternativa que presta poñer na porta do frigorífico. E tecerlle un tapete. E chantala derriba da tele: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Anotación de Armando Requeixo

O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’)  unha anotación sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), publicado por Xerais na colección: A recensión pode ler

Programa de Xerais no Culturgal 2020

Os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2020 no que Xerais ten programadas as seguintes actividades: Sábado 28. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra 12:30 horas: A escritora Ledicia Costas conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre os seus libros máis recentes: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, Vampira de biblioteca e A Señorita Bubble. Baixo cero.

Un libro que desmitifica a poesía como “cousa seria” para presentala como “cousa divertida”: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado), publicado por Xerais na colección Poesía.

Aldaolado: «Os nosos textos son serios, o humor é un modo de quitar ferro». Entrevista de Montse Dopico en «Nós Diario»

  O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Montse Dopico a Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado) sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, publicado por Xerais na colección Poesía. Aldaolado: “O noso humor non é o chiste polo chiste.

«Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de novembro

Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.

Novidade: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Unha instantánea do país da poesía

Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo composto polas poetas Lucía Aldao e María Lado que fan actividades teatrais), é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele.