Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: amadeo_cobas

Feira do Libro de Ribeira 2017. Actos de Xerais

Do 22 ao 25 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Ribeira 2017 na que Xerais ten os seguintes actos: Día 24 de xuño, sábado 20:00 h.

Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Amadeo Cobas, autor da novela A cacería, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira   Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores» Amadeo Cobas (Noia, 1966) é escritor, crítico literario, activista cultural e entusiasmado da lectura.

Unha lectura aconsellable, áxil e vibrante: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela  A cacería, de Amadeo Cobas, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Loitas, envexas, traizóns, violencia, amor, fidelidade e tradicións nunha novela de aventuras: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de Pedro García Vidal

O xornal La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Pedro García Vidal sobre a novela A cacería, de Amadeo Cobas, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novela áxil, cercana e atractiva: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro  sobre a novela  A cacería, de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Redondela de “A cacería” de Amadeo Cobas

O venres, 15 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Xunqueira, en Redondela, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Margarita Fernández Neira, Manuel Bragado e Amadeo Cobas.

Unha novela que atrapa e reflexiona en torno á identidade do heroe: «A cacería», de Amadeo Cobas

Diversos medios, como o Diario de Arousa e El Correo Gallego, publicaron informacións sobre a presentación en Ribeira da novela A cacería, de Amadeo Cobas, publicada na colección Fóra de Xogo, que mereceu o V Premio Internacional de Novela Curta «Cidade Centenaria de Riveira». A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Batallas e amores, heroes e viláns a ritmo trepidante: «A cacería», de Amadeo Cobas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A cacería, de Amadeo Cobas.   «A cacería» de Amadeo Cobas Presentamos en Noia A cacería, a novela de Amadeo Cobas, gañadora do premio de novela curta cidade centenaria.

Presentación en Santiago de “A cacería” de Amadeo Cobas

O xoves, 7 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Ánxela Gracián e Amadeo Cobas.

Presentación en Vigo de “A cacería” de Amadeo Cobas

O mércores, 6 de abril, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona, 3, en Vigo, tera lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto participarán Franco Cobas, Helena Pérez e Amadeo Cobas.

Presentación en Noia de “A cacería” de Amadeo Cobas

O sábado, 2 de abril, ás 20:00 horas, no Liceo de Noia, rúa Alameda, s/nº, de Noia, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amadeo Cobas, novela gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”. No acto, organizado polo Liceo de Noia e Xerais, participarán Ramón Carredano, Manuel Bragado e Amadeo Cobas.

Presentación en Ribeira de “A cacería” de Amadeo Cobas

O xoves, 31 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribeira, terá lugar a presentación do libro A cacería de Amedeo Cobas, novela gañadora da “V Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Riveira”.