Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ámote_vermella

A Casa das Artes acolle a exposición «Vermellas. Chamábanlles rojas», baseada no poemario de Claudio Rodríguez Fer «Ámote vermella»

A Casa das Artes de Vigo acolle, entre o 25 de febreiro e o 20 de marzo, a exposición Vermellas. Chamábanlles rojas, baseada no poemario de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Xerais hai dous anos, Ámote vermella. A exposición céntrase, igual que o poemario, nas mulleres que sufriron a represión en Galicia logo do golpe militar de 1936 debido á súa ideoloxía de esquerdas.

Literatura Galega 2009, panorámica de Luciano Rodríguez en «Ínsula»

Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.

Balance do ano literario galego de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas»

Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais. Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

Xerais na Feira do Libro de Lugo

Xerais preparou o seu programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Lugo que se inaugurará o sábado, 16 de maio e se desenvolverá deica o 24 de maio. Sábado, 16 de maio 19.45 Inauguración oficial.  Pregón a cargo do escritor Xabier P. DoCampo.

«Ámote vermella», crítica en «Nós»

«Ámote vermella», crítica en «Nós»

Isaac Lourido publica hoxe no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia unha crítica d’ Ámote vermella o poemario de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

«Ámote vermella»

«Ámote vermella»

Recollemos o comentario que sobre Ámote vermella, o poemario de Claudio R.Fer, ilustrado por Sara Lamas, publica o blog Trafegando ronseis. Claudio Rodríguez Fer xunto coa ilustradora Sara Lamas presentan un libro fermoso tanto pola edición como pola idea: un poemario dedicado ás mulleres represaliadas e esquecidas da nosa terra: Ámote vermella.

«Ámote vermella», o recital de Lugo

Eis a crónica da presentación recital do pasado luns en Lugo de Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer.

«Ámote vermella», presentación en Lugo

«Ámote vermella», presentación en Lugo

Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pr Sara Lamas presentarase mañá, luns, 23 de marzo, ás 19:00 horas na sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo. No acto participará o autor, que recitará parte dos poemas do libro, xunto co editor Manuel Bragado. Esta presentación recital de Ámote vermella encádrase dentro do proxecto exposición  Vermellas. Chamábanlles “rojas”.

«Vermellas», inauguración da exposición

«Vermellas», inauguración da exposición

Mañá, 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo, inaugúrase a exposición itinerante «Vermellas», proxecto multidisciplinar do que forma parte o libro Ámote vermella de Claudio R.Fer, ilustrado pola pintora Sara Lamas.

«Ámote vermella», novo poemario de Claudio Rodríguez Fer

«Ámote vermella», novo poemario de Claudio Rodríguez Fer

Acaban de chegar da imprenta os primeiros exemplares do novo poemario de Claudio Rodríguez Fer, Ámote vermella. O poemario, ilustrado pola pintora Sara Lamas, forma parte do proxecto da exposición «Vermellas», dedicadas ás mulleres represalidas, organizada pola Universidade de Santiago e que será inaugurada no Campus de Lugo o vindeiro mes de marzo. A presentación do poemario realizarase coincidindo coa exposición.