Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ana_acuña

Presentación en Pontevedra de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro. Edición de Anxo Angueira

O luns 23 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa Don Filiberto, 9-11), terá lugar a presentación do libro En las orillas del Sar  de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra,  participarán Ana Acuña, Xaime Toxo, Fran Alonso e Anxo Angueira.

Presentación en Marín de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación de En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Foro de Debate Portocelo, participarán Ana Acuña e Anxo Angueira.

Presentación en Pontevedra de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Ana Acuña, Montse Fajardo, Fran Alonso e Ramón Nicolás.

Presentación de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín en Pontevedra

O luns, 26 de setembro, ás 20:00 horas, n’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto, organizado en colaboración co Ateneo,  participarán Ana Acuña, Anxo Angueira, Xaime Domínguez Toxo, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Presentación en Pontevedra de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O xoves, 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto, organizado polo Museo de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez.

Ana Acuña: «Brais Pinto, era para eles unha “tapadeira” dunha acción política»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ana Acuña sobre súa obra Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

Ana Acuña: «O premio é para os madrigalegos»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista coa profesora Ana Acuña, que acaba de recibir o Premio Losada Diéguez no apartado de Investigación pola súa obra Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón. O xornal Faro de Vigo tamén publicou unha información ao respecto, que se pode ler ou descargar nestoutra ligazón.

Premios Losada Diéguez: De Compostela a Madrid con Diego Ameixeiras e Ana Acuña

O xornal La Región publicou unha páxina sobre a concesión dos premios Losada Diéguez á novela Conduce rápido, do escritor Diego Ameixeiras, na categoría de Lteratura, e ao libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, na categoría de Investigación. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O Losada Diéguez premia a Compostela contemporánea e o relato do exilio madrileño. Entrevista cos autores no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní aos gañadores da 30 edición do Premio Antón Losada Diéguez: Diego Ameixeiras, pola súa novela Conduce rápido, e Ana Acuña, polo seu libro de investigación Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

Diego Ameixeiras e Ana Acuña, premios Losada Diéguez

A novela Conduce rápido, do escritor Diego Ameixeiras, publicada na colección Narrativa de Xerais, e o libro de investigación Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, publicada na colección Crónica de Xerais, son os títulos gañadores da 30 edición do Premio Antón Losada Diéguez que se fallou este sábado no Carballiño.

Un libro que harmoniza sentimentos, emocións e o rigor da investigación filolóxica: «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Marín do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña. Tamén o Faro de Vigo publicou unha información ao respecto.

Presentación de “Conciencia política e literatura galega en Madrid” de Ana Acuña en Marín

O venres, 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) de Ana Acuña.