Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ana_salgado

A capacidade de colocarnos nun camiño que procura respostas non acostumadas: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre o libro: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Compostela de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O martes, 20 de decembro, ás 20:30 horas,  na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. Acompañarán ao autor, Armando Requeixo, Ana Salgado e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “O cuarto das abellas” de Antía Otero

O venres, 18 de novembro, ás 20:00 horas, en NUMAX, rúa Concepción Arenal, 9, en Santiago, terá lugar a presentación do libro O cuarto das abellas de Antía Otero. No acto participarán Ana Salgado, Fran Alonso e a autora. Para prechar a presentación, Isaac Garabatos e Antía Otero porán música e voz a unha escolla de textos do libro.

Escrutar os mecanismos do poder: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Ana Salgado

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre a novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.   Natureza, sincronía, cultura Unha primeira forma de ler O bosque é grande e profundo podería ser aquela que se deixe levar pola tensión formal, por un fluír de palabras ermas.

Natureza, sincronía, cultura: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Texto de Ana Salgado

Reproducimos un texto crítico de Ana Salgado sobre O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, escrito para a presentación da novela en Vigo.   Natureza, sincronía, cultura Podería ser que non houbese realmente escrita antisentimental e desde logo unha non se pode instalar no espazo da obxectividade coa idea de quedar a vivir unha tempada.

Presentación de “Gran tiburón branco” de Samuel Solleiro en Compostela

O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.

«Debemos coñecer sempre o valor exacto da palabra para construír un mundo mellor». Entrevista de Ana Salgado con Fran Alonso en Tempos dixital

«Debemos coñecer sempre o valor exacto da palabra para construír un mundo mellor». Entrevista de Ana Salgado con Fran Alonso en Tempos dixital

Tempos dixital publica unha extensa entrevista de Ana Salgado con Fran Alonso, centrada no seu último libro Ninguén. Fran Alonso: «Alegraríame se tivesemos un best-seller, aínda que o diga con dor» Fran Alonso (Vigo, 1960) gusta de pensar nos seus libros coa imaxe da pasarela dun aeroporto, na posibilidade de camiñarmos por riba pero que algo recomece.