Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: anaír_rodríguez

Novidade: «Rapunzel con piollos», de El Hematocrítico. Rapunzel é atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos!, que construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar

Rapunzel con piollos , de El Hematocrítico, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos… O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles.

Abi Castillo: «Facer `Pioneiras 2´ fíxome unha ilusión tremenda» Entrevista nos xornais «Diario de Pontevedra» e «La Voz de Galicia»

Os xornais Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia publicaron unha entrevista con  Abi Castillo, ilustradora do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

A vida de once mulleres galegas que conseguiron vencer barreiras que lles estaban impostas ao seu xénero no tempo en que viviron: «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Marta Neira sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Anaír Rodríguez: «A intención destes libros é que axuden a transmitir ás crianzas que as mulleres tamén foron protagonistas da historia» Entrevista no Faro de Vigo sobre o libro: «Pioneiras 2»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela coa editora e escritora Anaír Rodríguez sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño,  ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Gustaríame que estes libros servisen de punto de partida para falar da falta de referentes de mulleres reais e diversas» Entrevista no Faro de Vigo sobre o libro: «Pioneiras 2»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Selina Otero coa editora e escritora Anaír Rodríguez sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño,  ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Mulleres que romperon barreiras de xénero noutros tempos. «Pioneiras» e «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Noticia no Telexornal Galicia de RTVE

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro Pioneiras 2. A noticia pode verse nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Con estes libros queriamos evidenciar que na historia de Galicia tamén houbo mulleres importantes». Entrevista no «ZigZag Fin de semana» sobre: «Pioneiras» e «Pioneiras 2»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta María Solar, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Desde sempre tiña curiosidade por coñecer todas estas biografías de mulleres que non chegaran ata nós» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Pioneiras»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Xosé Lourenzo á filóloga e escritora Anaír Rodríguez sobre os seus libros: Pioneiras e Pioneiras 2, publicados por Xerais. (Imaxe: Sermos Galiza).

Presentación en Cangas de “Pioneiras 2″ de Anaír Rodríguez

O xoves 21 de marzo ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal, Praza de San Xoán 10, Cangas, terá lugar a presentación do libro Pioneiras 2 de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. No acto participarán Anaír Rodríguez, Abi Castillo e Fran Alonso.

Un libro imprescindible para as crianzas que recupera do esquecemento mulleres ocultadas. «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño». Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación do editor Manuel Bragado sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. - Pioneiras 2. Manuel Bragado. Faro de Vigo 1 - Pioneiras 2. Manuel Bragado.

Mulleres galegas que foron adiantadas ao seu tempo: «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Anotación de X.L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín, na súa sección: No fondo dos espellos, do xornal Faro de Vigo, faise eco da publicación do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.