Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: andrea_maceiras

Unha escritora que ateiga de humanidade cada nova novela que publica: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.   «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras   O lector nunca deixa pasar a oportunidade de ler cada nova obra que Andrea Maceiras tira do prelo. E Conta nove estrelas Non ía ser a excepción.

Unha fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola ao lectorado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.   Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras Gañador do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor.

Andrea Maceiras: «Os protagonistas desta historia guíanse polos seus soños para ir máis alá». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Conta nove estrelas»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Andrea Maceiras sobre o libro: Conta nove estrelas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha das obras máis representativas da literatura infantil do noso tempo: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Un libro que combina a ciencia ficción e a fantasía cun lirismo moi marcado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Unha incrible aventura na que a nena Quepi desobedecerá o mandato dos vixilantes para protexer un bobó tan especial coma ela

Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018. Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos.

«Vivamos do conto»: Autores que conseguiron triunfar coas súas obras para nenos e nenas. Noticia no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha información sobre os autores que conseguiron triunfar coas súas obras para nenos e nenas. Entre os libros citados no artigo, atópanse os seguintes títulos de Xerais: Volverás golfiño, de Andrea Maceiras; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e Kusuma, de Héctor Cajaraville.

Andrea Maceiras: «Normalmente son unha lectora que se concede poucas liberdades e le ata a última folla.». Entrevista en «La Voz de Galicia» á autora de «Europa Express» e «O que sei do silencio»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora coruñesa Andrea Maceiras,  autora do libro: Europa Express, co que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015; e tamén do libro: O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017. Os dous están editados por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.

Andrea Maceiras: «Dar clases en secundaria é un pouco como volver ao instituto, e ese redescubrimento é moi inspirador á hora de escribir.» Entrevista en «OcultaLit» sobre «O que sei do silencio»

A revista OcultaLit publicou unha entrevista de Alicia Louzao coa escritora Andrea Maceiras sobre a novela xuvenil O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017 (Imaxe: Érica Esmorís / OcultaLit).

Andrea Maceiras: «A literatura xuvenil diferénciase doutros xéneros en que trata os problemas que conectan co momento vital dos seus lectores e lectoras.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «O que sei do silencio»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Andrea Maceiras sobre a súa novela O que sei do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Andrea Maceiras: «As redes sociais amplifican un problema, o do acoso escolar, que antes quedaba só nos centros.» Entrevista no blog Palabra de Gatsby sobre «O que sei do silencio»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Andrea Maceiras sobre a novela O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017. Andrea Maceiras: “O acoso é un problema global que non afecta só a acosador e vítima, senón a toda unha comunidade” Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica.