Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: andrea_maceiras

Novela intensa de ritmo áxil: «Proxecto Bolboreta», de Andrea Maceiras. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a primeira novela de Andrea Maceiras, Proxecto bolboreta, coa que gañou o Premio de Micronovela Concello de Soutomaior hai dez anos.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Andrea Maceiras: «Gústanme os personaxes que non acaban de encaixar, heroes solitarios que se sinten desamparados na sociedade»

A revista Criaturas publicou unha entrevista de Antonio Manuel Fraga á escritora Andrea Maceiras,   Unha entrevista a Andrea Maceiras Non ten mal nome o Café de Macondo para entrevistar unha escritora, aínda que fose casualidade o caermos aló un sábado de maio, pola mañá. O local onde quedaramos estaba aínda pechado, polo que o Macondo se converteu nunha boa alternativa para o noso propósito.

«Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras centrará este venres o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar, coa presenza da autora

O libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, centrará hoxe venres 26 de maio a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura , coa presenza da autora, Andrea Maceiras. O libro está ilustrado por  Víctor Rivas e publicado na colección Merlín.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

Unha boa novela, que fai pensar: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras. Recensión: Andrea Maceiras, «Europa Express» Miguel de Cervantes utilizou no seu Don Quijote de La Mancha, o tópico do “manuscrito atopado” como excusa para crear unha das obras máis importantes da literatura universal. Agora Andrea Maceiras faino coa “postal atopada”.

Intriga psicolóxica e viaxe: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica de Mar Fernández

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

La Voz de Galicia recomenda lecturas para o verán: «Axente riciños», «Poemas birollos para ler cos ollos» e «Europa Express»

O xornal La Voz de Galicia recomenda, nunha reportaxe de Ana Abelenda titulada Un verán ao sol dos mellores libros, tres libros de literatura infantil e xuvenil de Xerais entre as lecturas estivais: o álbum ilustrado Axente riciños, de El Hematocrítico; o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso; e a novela Europa Express, de Andrea Maceiras.   Axente Riciños El Hematocrítico.

Longa permanencia dos libros máis vendidos: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a pequena defunta» á que se suma «Historia das historias de Galicia»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Andrea Maceiras participa no ciclo AUTORAS organizado por Cultura Cambre

O venres, 20 de maio ás 20:00 horas, no espazo de cultura Vila Concepción, O Temple, en Cambre, terá lugar a conversa coa autora Andrea Maceiras dentro do ciclo Autoras. O acto está organizado por Cultura Cambre coa colaboración de Pedro Ramos e A Librería.