Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: andrea_maceiras

José Ignacio Silva Regueira gañador do IIº Premio de Micronovela concello de Soutomaior

José Ignacio Silva Regueira resultou gañador do IIº premio de Micronovela concello de Soutomaior pola obra Escintileos, presentada baixo o lema «Trifón 1». Nacido en Carballo en 1978, Ignacio Silva é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido diversos premios polo seu labor como narrador.

IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior»

IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior»

Onte foron presentadas as bases do IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior» no que Xerais colabora coa edición da obra gañadora. Na primeira edición a obra premiada foi Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras e a finalista Virxinia de Pilar Ortega. Neste certame poden presentarse obras narrativas cunha extensión mínima de 35 folios e máxima de 60, escritos a dobre espazo, en fonte Arial e corpo 12.

“Proxecto bolboreta”

“Proxecto bolboreta”

Esta semana aparecerá nas librarías galegas Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras, a obra gañadora do Primeiro certame de Micronovela convocado polo concello de Soutomaior. Esta é a primeira obra que publica esta xove narradora de Cambre, estudante de Filoloxía na Universidade da Coruña.